2010/06/24

Sobre burkas

Onte aprobouse no Senado a instancia do PP a seguinte proposición:

"O Senado insta ao Goberno a realizar as reformas legais e regulamentarias necesarias para prohibir o uso, en espazos públicos ou acontecementos públicos que non teñan unha finalidade estrictamente relixiosa, de vestimentas ou accesorios na vestimenta que provoquen que o rostro quede completamente cuberto e dificulten así a identificación e a comunicación visual, ao supor esa práctica unha discriminación contraria á dignidade das persoas e lesionar a igualade real e efectiva dos homes e as mulleres".

Apróbase por 131 votos a favor de PP, CiU e UPN e 129 en contra, de todos os demais.

Debo ser un becho raro según din as enquisas nas que unha grade maioría da poboación está a favor da prohibición, pero eu son partidario do "burka" para quen o queira usar...
Eu véxolle moita vantaxes ao seu uso, cales?...

Pois istas frases indican situacións nas que o uso dista prenda resulta de grade utilidade:

- Eu con estes pelos non podo saír á rúa!...
- Hui que gran mais feo teño no nariz!, e agora que fago?...
- Ao pasar pola praza fulano vaime a preguntar pola factura que lle debo!...

Iconvintes?...

- Coleime sen pagar a entrada, pero como non me puideron identificar e a cámara de viseovixiaza co burka non lles serve de nada, mira tí que problema!...
- Fun co burka no piquete o día da folga, resulta que son a única do piquete a quen non despediron ao remate do contrato temporal!...

Víchedes como o burka ten as súas vantaxes?...

Se me apurades, eu prohibía as relixións, (curas e imáns, igrexas e mesquitas, biblias e coráns), pero o burka púñao como moda unisex para homes e mulleres..., polo menos para o outono quente de conflictividade laboral e a costa de xaneiro, que no verán gosto mais do top-less e o nudismo de praia...

(Por certo, nunca vin a niguén con burka na Galiza)...

2010/06/23

Ventando o fin de ciclo

Andan os augures da progresía española, (eses que adoitan escribir no xornal “El Pais”), laiándose polo fin de ciclo que se intúe e que supón o final do goberno do PSOE no Estado e a chegada ao poder central do PP...
Pois para min non é ningunha mala nova…
Dende o 77 teño o convencemento de que a posición que tivo o PSOE, (a hexemonía no centro esquerda no Estado), foi unha das maiores lacras da democracia española…
O PSOE leva 33 anos actuando como narcotizante social desmobilizador e involucionista…
Fixo mais por un sentimento democrático e plural o segundo cuadrienio de Azmar que os 16 anos de Felipismo e os 6 que levamos de Zapaterismo…
E triste dicilo, pero contra Aznar vivíamos mellor, (e non é extrapolabel nin comparable coa frase aquela de que contra Franco vivíamos mellor), pois está claro que por moi duro que sexa un goberno do PP, o que son as liberdades formais mínimas continuaran garantidas, a fin de contas iso non soo o garante un goberno circunstancial no Estado, se non o marco europeo no que estamos inseridos, cousa que non pasaba, obviamente, no Franquismo…
Desenganádevos, o Felipismo foi o que condenou a Galiza aos permanentes gobernos de Fraga e bloqueou o acceso aos gobernos das nacións sometidas de forzas nacionalistas que verdadeiramente cuestionasen o modelo consensuado na transición, (a monarquía e a unidade do Estado que Franco deixou atado e ben atado)…
O mellor que pode pasar en España e que o PSOE volte ao seu lugar natural, a ser unha forza pequena centralista do centro-esquerda, (o papel que quere xogar a UPyD de Rosa Díez)…
Pecando de provocador, o desiderátum sería unhas eleccións adiantadas que deran un goberno cunha maioría absoluta xustiña dun PP con Mayor Oreja na Presidencia do Goberno…
O que iamos a rir!…
E nas próximas iades ver como isto rachaba dunha vez…
En canto ao que esta situación implica para Galicia temos que nos colle un pouco a contrapé, sen estar nunha situación tan consolidade nin tan ben armados ideolóxica e organizativamente como cando rematou o Felipismo...
Dentro do BNG, aglutinante hoxe de todo o nacionalismo con representación institucional, non son especialmente crítico coa UPG, e ate vexo lóxica a súa actuación…, pero con todo, non me convence, e non porque o faga mal, se non porque non o fai mellor…
Fai falla, (na política galega), algo novo, moito mais imaxinativo, audaz, democrático e axeitado ao século XXI que o conservadorismo de “rancio avoengo” do PP, (xa dixen que resulta ate cómico), que a socialdemocracia convenenzuda e narcotizante do PSOE, que o querer e non poder (nin saber) ser un PSOEdeG bis que é o que era o Quintanismo e agora o +galiza, nin unha esquerda de fai cen anos que é o que é a UPG, (do Beirismo non opino porque xa nin sei o que é)…
Polo tanto, pois a esperar, hai un baleiro, e todo baleiro remata por ser ocupado, así que como a natureza é inexorable, canto mais se note ese baleiro, mais cedo alguén o ocupará…
Como mais se notaría sería cun goberno do PP o mais escorado posible ao nacional-catolicismo, nesas condicións sería palmaria a falla de adecuación do discurso político a realidade socioeconómica…
Como menos se nota o baleiro é cos gobernos “zapateriles” que resultaban ate o estoupido da crise, expertos en narcotización social…, (os únicos que se manifestaban eran os curas)…
O que vaia cubrir ese baleiro ten que dar unhas respostas o mais acaídas posibles a unha sociedade tan contradictoria como a actual, que ao tempo é:
Superguai e contestataria…
Galeguista e españolfalante…
Relativista moral e integrista da corrección política…
Hedonista e ecoloxista…
Especuladora e comunitaria…
Multicultural e levanta muros de arame nas fronteiras co terceiro mundo…
Libertaria e enche as rúas de videovixianza…
Hiperconsumista adicta aos grandes centros comerciais e vai de ecoloxista…

2010/06/22

Reforma laboral e greve xeral

Diante da votación de hoxe no Congreso dos deputados para convalidar o decreto da reforma laboral e da greve xeral convocada polos sindicatos hespañois para dempois das facacións, (non vaia ser), para o día 29 de setembro, teño hoxe a seguinte reflexión...

Eu, en xeral, non son moi partidario das greves, (folgas na linguaxe RAG), tal e como se plantexan. Para min que están desvirtuadas no seu fin...
Hai que pensar intelixentemente xeitos de mobilización que sexan efectivos...
Que é para min ser efectivos?...
Pois primeiro, actuar coma chantaxe para obter o resultado previsto, (niste caso que as reformas non perxudiquen a traballadores, pensionistas e parados e, en todo caso, si a especuladores inversionistas)...
Segundo, que non impliquen un risco nin económico, nin penal nin físico aos que realicen a acción...

Terceiro, que a acción si sexa moi perxudicial para aquel a quen se quere presionar, niste caso, ao goberno, a gran patronal e "os mercados". O fin disto e, loxicamente, que quede clara a mensaxe dos traballadores de que: NON NOS FAREMOS DANO!!!..., (os perxuizos que cause o conflicto a bpatronal ou a administración que toma as medidas, como sucede niste caso, son maiores que o perxuizo que teñen os traballadores en perda de ingresos pola inasistencia ao traballo)...

Ideas?...

Pois non estou moi seguro, pero hai catro accións que ben coordinadas poderían ser letais...
Unhas folgas de regulamento nas administracións, (se trata de bloquear o funcionamento da administración e de moitos servizos de xeito que o goberno quede inoperativo sin que poda nin castigar aos funcionarios nin descontarlles o día de salario), ista acción se pode reforzar con accións cidadáns de bloqueo, como a presentación masiva de instancias, de apertura de expedentes, de alegacións, de consultas, etc...
No sector financieiro, saturando os bancos por moitos pequenos movementos presenciais e por internet para tentar bloquear o sistema fincieiro para que salte, (imaxinemos continuos traspasos de 1 céntimo entre contas que non xeren gastos nin comisións, actualización de contas, apertura e clausura de contas, etc...).
No sector enerxético, unha acción coordinada de moitos cidadáns de encender e apagar simultaneamente aparatos co fin de provocar un fallo xeral da rede eléctrica...
Accións semellantes sobre as redes de transporte, (sacar ao mismo tempo moitos billetes e anulalos antes de que se carguen), etc...
Con todas istas accións ben coordinadas se da un toque moito mais grave as institucións e as grandes empresas, ¡e non poden descontar o día a ninguén nin se comete ningún delito!...

É unha opinión moi miña...

2010/06/21

A propósito dunha entrevista ao alcalde coruñés.

A propósito dunha entrevista publicada no xornal "El Correo Gallego" ao alcade "curuño" Javier Losada, na que iste, dentro das medidas de reordenación administrativa e territorial por mor da crise económica e racionalizacións das estructuras da administración territoria, pronunciase contra a fusión de concellos e defende a pervivencia das deputacións.
O alcalde, nunha entrevista realizada por Europa Press, mantén que "máis que fusión, ten que haber unha cooperación e unha xestión compartida, porque falamos de acenos de identidade". "Un é de onde é e non pode dividirse", sostén o rexedor da Coruña, que incide en que "as identidades son difíciles de fusionar".

No caso da área metropolitana da Coruña, Losada insiste na súa aposta por unha "cidade-rexión" que abarque desde Ferrol ata Carballo, para crear "un área funcional forte". Tamén invita á "reflexión" sobre cal debe ser a función das deputacións, e rexeita unha decisión sobre a súa supresión "baseada en cuestións puntuais".
Fronte as opinións diste alcalde do PSOE, nos mantemos que sería moi racional a fusión do Concellos, pola integración de servizos e a economía que supón, e tamén pola reducción de cargos e liberacións.

Agora ben, isa integración ten que ser gradual e racional, non arbitraria ou excesiva que provoque rivalidades e disfuncións que se podan trasladar a cidadanía e crear conflictos innecesarios.

Indo ao concreto, no caso da Coruña temos, que ademais de ser un dos concellos mais pequenos en superficie da Galiza, está claro que moitos dos servizos e instalacións que son propias da cidade da Coruña, sitúanse fisicamente en concellos limítrofes, así o porto exterior e as principais industrias coruñesas están en realidade en Arteixo, e o aeroporto está en Culleredo, polo tanto vemos racional a fusión formal de polo menos ises tres concellos que en realidade sería unha absorción de Arteixo e Culleredo pola Coruña, e mais tendo en conta que nin Arteixo nin Culleredo contan cun núcleo cunha forte tradición de identidade propia.

Outra cousa distinta é pretender facer areas excesivas que ademais de estar fraccionadas por accidentes naturais, (caso de marxes distintas das rías), si poden crear conflictos con localidades que pola súa entidade, historia ou características socioeconómicas poden crear conflictos sociais, nise senso está claro que Ferrol, Betanzos ou Carballo sería ilóxico que se viran absorvidas polo concello coruñes, polo menos na fase actual, ainda que cedais si canda un destes concellos si debería fusionarse con algún outro lindante e complementario ou ben extensión física do mesmo, (o caso mais palmario pode ser o do Ferrol, do que o concello de Narón é unha clara extensión contínua fora da súa xurisdicción...

O caso e que nunha primeira fase sería razoable reducir na Galiza o número actual de concellos a menos da terceira parte, (deixar menos de cen), e tomando como primeira referencia o plan de comarcalización de Fraga, ao que cecais habería que facer algunha corrección, pero que podería tomarse como punto de partida para pasar dos 315 concellos actuais, (94 na Coruña, 67 en Lugo, 92 en Ourense, e 62 en Pontevedra), aos 53 concellos-comarcas do plan de comarcalización (18 na Coruña, 13 en Lugo, 12 en Ourense e 10 en Pontevedra), plan, ao que como dixen, poderíaselle facer algunha corrección para que algún dos novos concellos non resultara tan extenso ou con dúbidas respecto a súa capitalidade, pero en todo caso deberían resultar menos de cen.

En canto a preservación das identidades locais, tampouco tería moito problema recoñecer a persoalidade xurídica de entidades locais menores a moitos dos concellos actuais que desaparecerían, ou incluso a parroquias ou localidades con entidade que non chegaron a ser concellos independentes... Teñamos en conta que as entidades locais menores, tendo persoalidade, competencias e orzamento, nembargantes non teñen en xeral fmoito gasto corrente en funcionariado nin cargos representativos remunerados, co que non xeran mais gasto que pequenas inversións de tipo estrictamente moi local...

Etiquetas:

Ver eiquí­

2010/06/09

Reflexións a conta da aprobación por parte da Mesa do Parlament de Catalunya dunha futura consulta soberanista.

Sobre a independencia, como conquerila e o que significa.

A posibilidade de levar a cabo unha consulta soberanista depende de como facer as preguntas, como propoñela soberanía e como darlle as voltas para que teñan encaixe legal…
Sempre me preguntei o seguinte, constitucionalmente, que é España?…
Me explico, o Título preliminar di:

Art 2. La Constitución se fundamenta en la indisoluble unidad de la Nación española, patria común e indivisible de todos los españoles, y reconoce y garantiza el derecho a la autonomía de las nacionalidades y regiones que la integran y la solidaridad entre todas ellas.


Vale, pero, cales son?…

Moi habilmente, Zapatero propoñía na reforma constitucional incluír a relación de comunidades, pero polo de agora non están…
En puridade, sabemos que si por circunstancias de política internacional se dera o acordo do goberno e parlamento español co outro estado afectado e co beneplácito da comunidade internacional, algunha das circunstancias seguintes:

Reversión de Xibraltar a España…
Anexión voluntaria de Andorra como Comunidade Autónoma…
Reversión de Olivença a Portugal…
Posible traspaso de soberanía sobre Ceuta e Melilla a Marrocos…
Posible retorno a soberanía española do Sahara como paso previo a súa autodeterminación, (ou como resultado da mesma)…

Sería aceptada sen necesidade de ningunha reforma constitucional, pois a Constitución no fixa límites xeográficos de España, e non digamos trocos xeográficos aínda menores como poderían ser os peñóns da costa africana, Peregil, Alborán, as Illas Salvaxes, o Couto Mixto, as illas do Miño, a dos Faisáns, etc…

Polo tanto, penso que a independencia de Catalunya, (ou de Euskadi, ou da Galiza), teñen moitos problemas, políticos, de consenso e aceptación internacional, económicos, de cidadanía, militares si se quere, pero constitucionais?, constitucionais, ningún…, ou en todo caso, o constitucional é o menor de todos…
Ao mellor é que estou demasiado afectado polo “relativismo moral” que tanto critica o Papa de Roma, pero a definición constitucional do que é España non está pechada… entre outras cousas porque ao elaborarse a Constitución non estaba pechado o mapa das autonomías, (daquela non estaban claras cousas como si León ía a ser unha comunidade ou non, coido que Segovia estivo a piques de converterse en outra comunidade uniprovincial e se forzou in extremis e teño entendido que contra a propia lexislación a súa integración en Castela e León, o asunto de Navarra non estaba claro e aínda hoxe constitucionalmente está aberta a súa posible integración en Euskadi)…

Resumindo, si a cousa estivera tan clara, a que demo ven o interese de incluír o asunto nunha reforma constitucional xunto co tema da sucesión ao trono e a reforma do Senado como propuxera Zapatero ao principio do seu mandato?…

O suposto da segregación dunha nación do resto do estado o fago partindo de que se acada un consenso básico, os requisitos son:

1º Vontade maioritaria de segregación, (non fai falla referendo, abonda cunha victoria electoral suficiente de forzas políticas independentistas)…

2º Consenso internacional, iso require un traballo previo para convencer as potencias (USA, Alemania, Francia, pode que o Reino Unido…, non creo que sexa no caso significativa a postura de Rusia ou China e dos outros BRICS), das vantaxes económicas, políticas e estratéxicas da secesión. Quen mais fácil o ten é Catalunya, por unha parte pola influencia de moitos persoeiros cataláns nas relacións internacionais, por outra polo seu peso económico e posición estratéxica, e por último pola tradición de madurez política que fai prever un estado aínda mais estable e mais “occidental” que a propia España. O maior impedimento que ten a comunidade internacional para apoiar a independencia de Catalunya non é Catalunya, é o risco de que o resto de España se volva inestable o derive a un estado falido ou cando menos lonxe dos estándares democráticos. A presenza de Catalunya en España curiosamente e necesaria para que España non se vaia do “primeiro mundo”…

3º Dados os dous requisitos anteriores, o terceiro sería a resignación do resto de España, (parto da base que non é necesaria a conformidade, abonda coa resignación), hoxe en día nin o exército está para aventuras bélicas internas, e como partimos de que se cumpre o punto 2, o consenso internacional, e como o exercito español na práctica non é mais que unha unidade mercenaria mais do “exercito occidental”, (OTAN), as ordes de intervir no as tería que recibir de Washington, e non ía ser o caso…

Por último, qué quer dicir independencia hoxendía?… pois poder recibir as instruccións directamente da Casa Branca, do Pentágono, do FMI ou dos Bildelberg sen necesidade de que as transmita o chico dos recados da Moncloa, (ou do Congreso, ou da JUJEM, ou do TC ou o TS ou do BdE…), que por riba tes que pagar tí e te tratan como un ninguén e non miran polo teu….

Etiquetas:

Ver eiquí­

2010/06/04

Pola unión!

A fío dun comentario nun blog que as veces visito como vicio solitario, e que insiste en sementar divisións e furar nas feridas do nacionalismo galego, (e que polo tanto me nego a publicitar)...

Pola Unión.

Non é en honor do Patrón
que esta noite cantar veño.
Anque a teña ó Santo,

teño á Patria máis devoción.

Eu, polo sí ou polo non,

cos santos quero estar ben;

mais quero estálo tamén

coa terra en que fun nacido:

sólo unha Patria hai na vida

e santos hai máis de cen.


Canso de evanxelizar

e facer no mouro estrago,

hai tempo que está Santiago

da santa gloria a gozar.

Con non menos batallar

contra todo mal goberno,

Galicia a un suplicio eterno

decote está condenada,

e pídenos, desolada,
que a libremos dese inferno.

É tan grande o seu penar,

máncana tantos abrollos,

que coas bágoas dos seus ollos

coido que foi feito o mar.

Diante o trono e diante o altar
contra o seu mal pide acordo;
mais sin piedá nin remordo

do seu dolor, nunca escaso,

os homes non lle fan caso,

e Dios permanece xordo...


¡Tí sólo, Galicia Santa!

¡Tí, que no antigo señora,
escrava ximes agora
dos caciques baixo a pranta!

Véndote entre pena tanta,

os teus bravos fillos ¿qué fan? ...

¿En qué pensan?, ¿Onde están,
que non collen os fouciños
e botándose ós camiños

a redimirte non van?


Arregañados os dentes,

uns cos outros agarrados,

revoltos i en
furruñados,
semellan a cans doentes.

Nas propias carnes os dentes

engarran, sin compasión,

e despreceando a razón

que toda xenreira borre,

i esquecen súa Nai, que morre

chea de infamia e de baldón!,


Todo pra ser grande e forte

se une, xunta e reconchega:

quen á discordia se entrega

vai direito cara á morte.

Non agarde millor sorte

quen fomente divisiós;

que a unión de tódolos bós

é lei de tan alto alento

que pra estar no Sacramento

hastra a ten que cumplir Dios!


Galegos que me escoitades,

galegos que a verme vides

hoxe de eiquí non saídes

sin face-las amistades!.

Das nosas debilidades

o diaño non se ha de rir.

Vámonos todos a unir,

matando rencores cegos;

que na unión dos bos galeg
os
está da patria o porvir!

Letra: Curros Enríquez, (escrito en 1886)...
Musicado por Benedicto, (LP editado no 1977)...
124 e 33 anos dempois seguimos nas mesmas e co contido do texto da máxima actualidade...

2010/06/02

A voltas coa fusión dos concellos

Hoxe, no Xornal.com debaten con varias novas, entrevistas e opinións sobre a hipotética fusión de concellos e o afooro que tal medida suporía ao rebufo da medida semellante adoptada en Grecia...

Entre estas novas figura unha entrevista ao vicepresidente da Deputación de Lugo e membro do BNG, Antón Bao, e das súas declaracións o xornalista entresaca un titular que penso eu é desafortunado e non resposta ao conxunto das suas declaracións.

Antón Bao: “Se xuntas moitos pobres pequenos o único que tes é un pobre máis grande”

De nacionalista a nacionalista...

A fusión de dous concellos con problemas non vai dar un concello saneado de repente, pero si un cun gasto corrente polo menos dus 150.000 euros menos ao ano, (o resultado de suprimir o custo da adicación dun alcalde, as dietas dunha corporación e os soldos e outros custos dun secretario e un interventor dun concello galego tipo), quedando todo o resto dos servizos igual.

Dende unha perspectiva nacionalista, o razoabel sería suprimir as deputacións e fusionar concellos ate acadar todos unha dimensión razoabel para que non precisaran asistencia das deputacións, (unha referencia sería convertir as comarcas en concellos, cecais partindo algunha moi grande, pero en todo caso deixar na Galiza un máximo de 100)...

Pero tamén facer o recoñecemento xurídico das parroquias rurais, das vilas, e dos barrios urbanos ou metropolitanos como entidades locais menores, co que se respetarían as súas identidades, terían autonomía para os pequenos investimentos locais e apenas terían custo dado que os seus cargos serían gratuitos como o son en xeral os postos directivos das entidades veciñais, asociacións culturais locais, comisións de festas, comunidades de montes, augas, etc..., entes cuias funcións poderían asumirse nisas entidades locais menores...

Iso sempre foi o que eu pensei que defendía o nacionalismo, e polo menos é o que eu sigo a defender...

Os concellos e deputacións actuais crearonse no século XIX para desartellar o país, instaurar un control centralista polo Estado e en moitos casos, (moitos lindes de concellos rurais se deben a elo), crear ou manter redes caciquís e intereses particulares...

Etiquetas:

Ver eiquí­