2014/05/28

Unha reflexión para o futuro

Pero almas candidas!...

Desde que coñecín o resultado electoral das elección europeas véñoo dicindo...

Pablo ten cara de Felipe..., e Monedero de Guerra!...

E por moito que lles etiqueten como extrema esquerda, estou convencido que chegarán ao goberno do Estado e serán unha especie de socialdemocracia adaptada á postcrisis..., (ao século XXI), o que non se é a sigla con que o conseguirán, si será Podemos, PSOE-refundado, Syriza ou outra...

Pero co tempo terán a sua OTAN, (Troika ou FMI probablemente no seu caso), o seu GAL e, se cadra, ata o seu Nobel da Paz como Obama!...

No fondo, nada novo baixo o sol, todo ten que cambiar para que nada cambie..., lampedusismo en estado puro!...

Por certo, Rajoy pode estar tranquilo, terá a súa segunda legislatura cunha maioría ampla e ata cecais, absoluta...

As próximas xerais do 2015 serán as do sorpaso de Podemos, (ou o que sexa), ao vello PSOE, e por iso ao PP non lle irá tan mal, si non alcanza a maioría absoluta, creo que poderá gobernar sen demasiados problemas con algún partido pequeno ou no peor dos casos cos restos do PSOE...

A legislatura na que de verdade Pablo Iglesias intentará o asalto á Moncloa será a seguinte...

Algunhas consideracións sobre problemas políticos reais que si terá que xestionar e solucionar un goberno de Pablo Iglesias, cousas que todos sabemos que hai que facer pero que é imposible que as faga o PP, (nin o PSOE)...

Un goberno de Podemos "descolonizará" Ceuta e Melilla, (é algo necesario aínda que só sexa polo problema da inmigración, e, sobre todo, polo problema de imaxe do valado")...

Un goberno de Podemos mudará a Constitución e poderá buscar unha solución confederal para o problema de Cataluña e Euskadi..., a independencia será ao final case imposible na UE, pero sabemos que o café para todos tampouco, que Euscadi e Cataluña, (non se si Galicia), conseguiran un estatuto especial de tipo "confederal" ou de estado asociado...

Tamén dará solución ao problema navarro, (é dicir, Navarra terminará integrada en Euskadi)...

E no aspecto económico, curiosamente penso que a súa xestión ao final non vai ser moi perjudicial para as empresas, supoño que tomarán algunhas medidas populistas, pero no fondo a súa xestión será satisfactoria para os empresarios e para os socios da UE, (xa dixen que a súa OTAN, de entrada non e de saída tampouco, será o cambio de programa económico)...

E non se me escandalicen...

Etiquetas: