2006/02/10

¡Ao ladrón!, ¡ao ladrón!...

Hoxe publicouse a dimisión de Paco Vázquez da Alcaldía de A Coruña para facerse cargo da embaixada de España no Vaticano...
Ista nova, ademais de producirme un sorriso, lémbrame a frase do encabezamento do post...
Isto mais ben semella a fuxida dun carterista que un nomeamento diplomático...
¿Non ten isto nada que ver co asunto dunha mansión no Parrote, cunha empresa chamada Iglevaz, coa asociación de familiares próximos con importantes empresarios da construcción, coa adicación da Familia Vázquez ao negocio eléctrico gracias as concesións feitas polo seu amigo Cuiña, con chocantes recalificacións que enriqueceron moito mais aos mais ricos da Coruña, de cousas como o pelotazo da antiga fábrica de tabacos, e, de como, sobre todo, un simple inspector de traballo, tras ocupar a alcaldía de A Coruña con un soldo moi limitado, chegou a ser unha das maiores fortunas da cidade?...
¿Non son semellantes en certo xeito as traxectorias de cidadáns exemplares como Vázquez ou Cuiña?...
Por certo, ¿o posto de embaixador ante o Vaticano estará blindado diante da xustiza ordinaria?, aposto a que sí, se non quedará como senador...