2006/08/12

LUME NUNCA MAIS



Manifestación o vindeiro domingo 20 de agosto ás 12 horas na cidade de Santiago de Compostela baixo o lema:

"Lume Nunca Máis. Paremos o terrorismo incendiario. Por un cambio de rumbo nas políticas para os nosos montes".

2006/08/11

O que non debe ser



Non se debe patrocinar o reparto gratuito de 2.000 litros de kalimocho a xuventude..., ¿o Concello de Camariñas e Neria non tiñan un plan de prevención de drogodependencias?.

O cartel é unha invitación expresa ao consumo excesivo de alcohol dende o propio debuxo, (por certo, de non moita calidade artística)...

Ademais, a cousa está patrocinada pola empresa particular da primeira tenente de alcalde do PSOE e concelleira de cultura e pola empresa de seguridade do lider local do PP...

¿Quen queima o monte?

Poden falar todo o que queirades dende fora...

Eu estou nunha aldea no centro da Costa da Morte rodeada hoxe por cinco lumes distintos, un leva dende o mércores, outros tres escomenzaron onte, e ista mañán ao espertar vin dous focos novos...

O despliegue de medios é impresionante, volo xuro, hai camións de bombeiros urbanos, motobombas forestais con brigadas de abagalumes, patrullas da garda civil aqbrindolles paso, dous helicópteros, dous hidroavións..., (ista mañá espertaronme os hidroavións as sete da mañán)...

E con todo non se pode facer gran cousa..., apagan e volve a prender, isto é de tolos...

Ademais todo está cuberto de fume e borralla, a casa cheira a fume, as estradas sfren contínuos cortes intermitentes según pasan os frentes de lume, (saltan as estradas principais)...
Non esaxero...

A xente se pregunta quen prende todo isto, e discusións políticas ao marxe, (eiquí, nista comarca, as relaciónas entre os políticos e militantes dos distintos partidos son moi boas, non hai crispación ningunha, o PP distas localidades pouco ten que ver co que se expresa nos xornais), e a sensación común é que isto é un desastre, e que vai beneficiar electoralmente ao PP, (iso din eles e iso pensan os demais), e nembargantes existe unha sospeita xeralizada sobre os causantes dista praga, e, ainda que hai algún caso, en xeral non son nin especuladores urbanísticos, nin madereiros, nin gandeiros para favorecer o pasto, nin cazadores para favorecer ao coello, nin tolos pirómanos, nin tan siquera ex-traballadores das brigadas non contratados, (que todas isas son causas históricas que se deron e se dan e eiquí coñecemos), pero isos son casos puntuais e que non se corresponden cos dista vaga...
A causa que de verdade creen os veciños é a seguinte:

A xente do rural está convencida de que os lumes os prenden directamente ou por orde das empresas subcontratadas para a extinción, especialmente as empresas que proveen os medios aereos...

E a xente cree que iso é así porque a nova administración, especialmente o conselleiro de medio rural, tiñan a idea de progresivamente ir reconvertindo o sistema, gastando mais en prevención e reducindo a inversión en extinción, o que se traduce en contratar mais medión humanos e maquinaria forestal para limpar os monte e facer devasas durante todo o ano e reducir logo os medios, especialmente os aereos privados polo verán..., e isto está a preocupar a istas empresas, especialmente as de helicopteros e de avións de carga en terra, (istes medios son privados, nembargantes os canadair son públicos, do exército), e a maioría dos helicópteros son dunha filial de Pescanova, empresa que xa tiña moi malas relacións coas consellerías do PSOE polo tema das piscifactorías...
Ben, isto é o que pensan moitos veciños...

Transcribo un texto que apareceu na Voz o venres 12 de agosto...

EDICIÓN IMPRESA
«Señor Canal, fáganos caso e vixíen aos helicópteros»

11/08/2006 | A Fondo

Constantino Souto se dedica a patrullar con otros vecinos el monte comunal de Sobrado (Ponte Caldelas) para controlar el fuego. En plena tarea se topó ayer con la comitiva oficial del presidente del Gobierno y llamó por unos y otros para que le hicieran caso.
Interpelado al grito de «Señor Canal, señor Canal, ¿quere saber quen prende o lume?», el responsable de Medio Rural fue el único que se paró a escucharlo. «Aquí desconfiamos dos helicópteros; cando pasan, arde. Señor Canal, fáganos caso e vixíen aos helicópteros», pedía el vecino, mientras el conselleiro se esforzaba inútilmente en hacerle creer todo lo contrario.


Xa sei que ningunha autoridade pode decilo sin probas concluintes, pero isa é a creencia popular..., e a iso se une o feito de que ises medios foron contratados polo goberno do PP, partido de que en Galiza o PP tiña unhas excelentes relacións con isa empresa, e agora a idea que ten a xente e que ista é unha chantaxe ao goberno para que manteña a mesma política forestal que tiña o PP e ao tempo é unha vinganza polo tema de Touriñan e a guerra empresarial que se traen entre Pescanova e Stolt Sea Farm, así como tamén, e de paso, están a facerlle un favor político ao PP, que esperaba un descalabro nas elección municipais do ano que ven coa posibilidade de perder a deputación de Pontevedra según todas as previsións..., e agora... ¡xa se verá!...

Outro tema é a acusación que se fai dende o PP de que se reduciron as brigadas contra o lume...

As brigadas municipais, como as contemplaba o goberno do PP, non servían para nada, na maior parte dos casos eran un mecanismo clientelar para ter contratados con cargo a unha subvención a persoas afíns, facer favores que logo había que devolver en época electoral, ou facer diversas chapuciñas de mantemento municipal, pero profesionalidade frente ao lume, en xeral pouca, (había excepcións).

Ainda que fora unha gambada da ministra Narbona o de acusar a ex-membros distas brigadas, os que vivimos no rural sabemos que na orixe do lume, algunha intencionalidade política ou social hai en ocasións, e o ano pasado houbo o caso dun capataz dunha brigada municipal dun Concello do PP, o de Celanova, detido por prender lumes no Concello de Rairiz de Veiga, concello gobernado polo BNG.