2010/05/25

Onde dixen digo, digo Diogo... (un goberno "lost" no B.O.E.)

No día de onte, 24 de maio de 2010, o Boletín Oficial do Estado publicou o Real Decreto-lei 8/2010, de 20 de maio, polo que se adoptan medidas extraordinarias para a redución do déficit público.
En dita disposición incluíase a limitación de endebedamento dos concellos, (por certo, medida a que non se fixera ningunha referencia nas comparecencias do presidente Rodríaguez Zapatero diante do Congreso, do ministro Blanco no programa de telelixo "La Noria", e das vicepresidentas de la Vega e Salgado na rolda de prensa posterior ao consello de ministros).
A medida acordada era a seguinte:
Artigo 14... Dous. A partir da entrada en vigor da presente norma e ata 31 de decembro de 2011, as entidades locais e as súas entidades dependentes clasificadas no sector Administracións Públicas non poderán acudir ao crédito público ou privado a longo prazo, en calquera das súas modalidades, para o financiamento dos seus investimentos, nin substituír total ou parcialmente operacións preexistentes, fóra daquelas que en termos de valor actual neto resulten beneficiosas para a entidade por diminuír a carga financeira, o prazo de amortización ou ambos. Tres. As operacións a curto prazo concertadas para cubrir situacións transitorias de financiamento reguladas no artigo 51 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais deberán quedar canceladas a 31 de decembro de cada ano.
Hoxe, 25 de maio de 2010, o BOE poblica na Sección I, páxina 45624 a Corrección de erros do Real Decreto-lei 8/2010, de 20 de maio, polo que se adoptan medidas extraordinarias para a redución do déficit público. En dita correcció de erros se dí:
Na páxina 45121, artigo 14. Dous, onde di: «A partir da entrada en vigor da presente norma e ata 31 de decembro de 2011...», debe dicir: «A partir do 1 de xaneiro de 2011 e ata 31 de decembro de 2011...».
Está claro que non se poden dar mais bandazos en 24 horas, non pode ser que acordada unha decisión, mais ou menos discutible, pero publicada no BOE, o goberno caiga na conta de que o ano que ven hai eleccións municipais e que os alcaldes, (hoxe hai unha lixeira maioría de gobernos municipais progubernamental), para procurar a súa reelección precisan dispor de certa liquidez coa que facer obras e xestos electoralistas de úntima hora e rectifique de inmedianto diante das presións da FEGAMP, (en mans do PSOE), e supoño que tamén que das propias estructuras locais do partido...
Por desgracia agora si penso que o goberno Zapatero está mais que amortizado...
O problema e que vai vir un goberno do PP no estado que vainos foder de todo...
É a hora de plantexarse seriamente a independencia da Galiza, o Estado Español afunde e é de parvos non fuxir dun naufraxio...

Postdata:

Ainda peor... A SER di que o decreto aprobouse no consello de ministros sin que moitos ministros coñeceran o seu contido exacto pois non lles pasaran o documento e no seo do consello non se debateron as medidas concretas unha a unha, polo tanto nin os ministros eran conscentes de que prohibiran aos concellos endebedarse mais...
E o presidente Rodríguez Zapatero vai a un mitin o sábado con dous mil alcaldes e concelleiros do PSOE sin decirlles ren de que a partir do luns iballes cortar o recurso ao crédito para financiar as súas actuacións...
Ver eiquí­

2010/05/08

Estatuto ou ESTADO?...

Hoxe ven nos xornais que o Presidente Feijóo, ao defender, nun acto con senadores do PP a volta ás garantías constitucionais, asegurou que Galicia proporá unha­ reforma “constitucional” na que non haberá cabida para un Estatuto “de nación” xa que, segundo Feijóo, ese título “xa” o ostenta a Constitución. “Dixemos non a un Estatuto de nación porque entendemos que xa temos unha Constitución de nación”.

A miña reflexión ao respecto é que cecais a proposta dun Estatuto de Nación feita polo BNG na lexislatura pasada este xa superada polos feitos, (a crise económica e o agravamento da mesma que é de esperar para os próximos anos). Diante da sensación de que España é un “Titanic” a piques de afundir polo efecto das vías de auga da insolvencia provocada polo estalido da burbulla inmobiliaria e o volume crecente da débeda pública, (o golpe final para o afundimento darao a suba de tipos de interese que tarde ou cedo terá que aplicar o Banco Central Europeo e a suba desaforada dos prezos da enerxía provocada polo “pico do petróleo”), nisas circunstancias a situación da Galicia é semellante a dun bote abarloado ao barco, cando o barco afunde o sensato e picar as estachas e flotar por nos mesmos sin ser arrastrados polo remuíño do afundimento.

Analogamente, a solución para o país e plantexarse con claridade a independencia, Galicia non pode sucumbir ante unha crise e unha débeda xerada polo paro de Andalucía e as rexións do sur, (o doble que o galego), e unha débeda xerada sobre todo polas grandes infraestructuras de Madrid e o boom inmobiliario mediterráneo...

A chantaxe que sempre se fai a Galicia, que vai ser de vos sos?, que vai pagar as pensións da vosa poboación envellecida?, non funciona xa cunha España insolvente, e para Galicia resulta xa mais barato asumir o seu propio sistema de previsión que solidarizarnos no pago dunha débeda que no fundamental nos non xeramos nin nos beneficiamos dela...

A conclusión, para min, está clariña..., non a un novo estatuto, si a un novo ESTADO INDEPENDENTE...

ESTADO GALEGO XA!.

Etiquetas:

2010/05/06

De quen falará Rajoy?

Fíxome moita gracia a portada en papel da "Voz" de hoxe...
Coa súa teima de atacar día si e día tamén ao presidente de Caixanova, a Coz adica a súa portada a unha frase de Rajoy na súa comparecencia trala entrevista de onte con Rodríguez Zapatero na que acordaron impulsar a "reordenación" das caixas de aforros e a modificación da LORCA...
A frase, aparentemente adicada a Gayoso, o presidente de Caixanova, para min ten tamén outra lectura: Non é esa actitude "inaceptable" a que mantén o propio Rajoy fronte ao goberno do Estado?... Non está decindo continuamente Rajoy e, en xeral o Partido Popular, que ou nos dades a presidencia do goberno ou faremos o posible para non salir da crise e fustrar a recuperación?...
En cuestións económicas o PP está no "canto peor, mellor"...
Algo semellante debeu pensar Manel Fontdevila ao debuxar o seu cuadriño para Público.es