2005/08/28

O futuro do idioma español...

Ven iste comentario a conta do alporizados que están os medios da dereita madrileña a conta das reivindicacións linguísticas das comunidades con idioma propio, (todo hai que decilo, especialmente a conta da iniciativa de Esquerra Republicana de facer cooficial o catalán en todo o estado, e xunto con el o galego).

Aplicando aos acerrimos defensores do imperialismo linguístico do español os mesmos criterios que empregan contra o galego teñen que concluir o seguinte:
O español e lingua de criados e de narcos sudacas, (iso xa vese ben nos USA, onde as familias latinas que aspiran a ascender na escala social procuran que os seus fillos perdan o español e sexan monolingues en inglés), o español non é un idioma culto nin tecnolóxico, o idioma do futuro é o inglés, (e cecais tamén o chinés), e diso xa deuse conta a alta burguesía española...
Todos os fillos da alta burguesía española e hispanoamericana estudan en inglés e van a universidades USA..., (a mellor publicidade que se fan os colexios de élite é que o ensino é en inglés), e logo eles pagan a tertulianos para que na COPE ou outros medios semellantes poñan a a parir aos que defendemos as linguas "vernáculas" e non queremos facernose monolingues en español, en tanto eles preparan a súa seguinte xeración monolingue en inglés...
Pronto vai pasar na España como pasou en Bolivia, que os USA puseron a un presidente da oligarquía que non sabía falar español, soio inglés, e claro, rematou a cousa en revolta popular indixenista, (dos que falan quechua e aimara)...

2005/08/22

Sobre os lumes.

Somos moitos os que temos unha impresión difusa...
Foi todo un, tomar posesión o novo goberno galego e escomenzar a multiplicación de lumes nos montes iste verán...
Por outra parte lévanse descuberto algúns casos nos que traballadores das brigadas municipais contra o lume foron as incendiarios...
Tamén sabemos que os contratos para as brigadas municipais contra o lume son uns do típicos favores que parmiten aos alcaldes do rural manter redes caciquís e clientelares...
É un feito que no rural a maioría dos alcaldes son do PP, (teoricamenrte hostís ao novo goberno galego), e si a maior parte dos traballadores das brigadas municipais ou da Xunta, (que xa estaban contratadas co goberno do PP), o son por favor ou por afinidade co PP, e agora resulta que algúns voltáronse pirómanos...
¿Non será un siloxismo moi temerario sospeitar que istes pirómanos actúan de tal xeito creendo así pagar favores debidos e axudando a desacreditar ou a crear problemas ao novo goberno galego, e especialmente a ise conselleiro do medio rural que por ser do BNG ten que ter cornos e rabo e chámase Alfredo Suárez Canal?...
¿Non sí?...

2005/08/19

A voltas con Tres Mares

Hoxe voltamos a falar de asuntos locais, e seguimos en Cee.
Onte celebrouse un pleno extraordinario do concello no que debateuse unha moción conxunta da oposición en defensa da piscifactoría do Grupo Tres Mares en Lires fronte ao expedente de caducidade da concesión de caudal do Río Castro incoado por Augas de Galiza e a sospeita de que haxa vinculación entre tal feito e a concesión dunha central hidroeléctrica sobre dito río en favor dunha empresa na que participa como socio Daniel Domínguez, fillo do Alcalde de Cee.
Sobre iste asunto temos que criticar e descalificar a tres dos axentes intervintes por graves sospeitas de corrupción.
Primeiro ao Alcalde, Antonio Domínguez García, que ainda que se excusa en base a que o expedente é unha iniciativa de Augas de Galiza, e de quen participa na concesión da central non é el, si non o seu fillo, non se pode esquecer que aparentemente hai unha tea de intereses personais, económicos e políticos dos qure non pode manterse ao marxe. Si é certo, como se farta de decir, que todo é legal, e que o seu patrimonio é lexítimo, debería entón apartarse da política, ¡non é obrigatorio ser Alcalde!, e si os negocios privados ensombrecen a actividade política,terá que deixar a política, non abonda con ser honrado, (que hai motivos para dudalo), ademais hai que parecelo.
Segundo, a empresa Grupo Tres Mares, cuia traxentoria de incumprimentos legais e de infraccións medioambientais e mais que notoria dende seu establecemento en Lires fai mais de trinta anos, prevalecendose da súa relación con un alto cargo do tardofranquismo. Entre algunhas das súas actuacións contrarias ao medio ambente está a contaminación da ía de Lires, as voaduras no Mellón de Lires para facer unha captación de auga de mar r que xa foron denunciadas polo BNG de Cee fai dez anos, o exceso de captación de caudal no Río Castro, a ocupación da zona de servidume de paso da zona marítimo terrestre, (o mesmiño que Pedro J. coa piscina do seu chalet), etc..., todo o cal fai qu ista empresa non poda considerarse unha empresa exemplar no seu respecto polo medio e pola legalidade.
O terceiro intervinte que tería moito que calar é o ex-alcalde e actual voceiro do PSOE en Cee, Manuel Lamela Lestón, que tras criticar as dubidoas actuación do alcalde actual do PP que misturan os seus intereses económicos e os dos seus familiares e amigos coa súa actuación política, esquece que el mesmo posúe un patrimonio moi superior ao que correspondería aos seus ingresos profesionais, que durante un tempo cobrou irregularmente do Concello sin estar aprobada a remuneración polo pleno como correspondería, que hai rumores de que lucrouse coa operación de creación do centro comercial Finisterrae, que claramente prevaricou para favorecer aos seus amigos, e que coa colaboración da súa filla, a abogada Margarita Louzán, utilizou todos os recursos posibles para obstaculizar canta operación podería favorecer aos seus rivais políticos. É un erro do BNG asociarse cunha persoaxe tan turbia como Lamela, e ao tempo, o propio PSOE debería de facer por apatar de sí a ista mazá podre, xa que ao seu carón hai persoas de honestidade comprobada como é o caso do conceleiro Garea que poden representar con dignidade a iste partido en Cee.

2005/08/12

Unha vergoña

Hoxe ista bitácora fala das cousas da casa, da Costa da Morte, é unha vergoña que o Concello de Cee, mais concretamente a Delegación de Cultura e Deporte a cargo do concelleiro Isidro Caamaño, patrocine ista noite unha gala de elección de "Miss Costa da Morte"...
¿Non será necesario que o compañeiro Daniel Oca, (o concelleiro do BNG), se pronuncie ao respecto?, polo menos para que conste que non todos os ceenses son tan..., tan..., en fín, quedeime mudo ante tamaño despropósito. ¿Que vai ser o seguinte?, ¿acudirá Isidro a Salsa Rosa?, ¿O entrevistarán no Tomate?...