2005/10/08

Sobre a suposta inviabilidade económica dunha Galiza independente, (as miñas intuicións)

É certo que unha Galiza independente tería dificultades económicas iniciais, pero fagamos algunhas consideracións:

A dificultade mais grande sería para o sistema de previsión, (o sistema de pensións e a sanidade), xa que Galiza ten unha poboación moi envellecida e unha recadación relativamente baixa por ter pouca poboación activa e en xeral cuns ingresos baixos...

As inversións para infraestructuras e cohesión que proveñen de fondos da UE non se verían afectadas, mais ben mellorarían por ser a renda galega algo inferior a media española e polo feito de que moitos dises fondos, por dirixirse a infraestructuras "xerais do Estado", non veñen a Galiza e van a zonas que en realidade polo seu nivel de desenvolvemento non as deberían recibir, (por exemplo as obras do aeroporto de Barajas en Madrid, as do túnel ferroviario do Guadarrama, o AVE Madrid-Barcelona, o porto exterior do Musel en Xixón, o AVE a Valencia, etc...

Polo tanto teríamos graves problemas para pagar pensións e sanidade, (coa necesidade de facer serios recortes), teríamos unha posible mellora de fondos europeos, e sobre todo, para min o mais importante, a posibilidade de ter un desenvolvemento propio autocentrado, saber que o futuro de Galiza vai depender dos galegos... Sería unha situación semellante a do empregado dunha gran empresa, que mais ou menos instalado e acomodado na seguridade da estabilidade laboral, se ve no paro cando a empresa se reconvirte ou creba e ten que buscarse a vida por sí mesmo..., entón, pode pasar que se condene ao fracaso económico e social como os protagonistas do film "Os luns ao sol", o como algúns paises do este europeo, ou pode trunfar convertíndose nun empresario autónomo de éxito, caso de Irlanda, ou da República Checa ou Eslovenia... En todo caso sería consecuencia dos nosos propios actos e non da "tutela" do Estado Español que vela polo noso ben...

Si España rompe, quen mais o vai sufrir sería Madrid, cidade sobredimensionada para ser simplemente a capital da meseta castellana.

2005/10/07

Sobre a tramitación nas Cortes do proxecto de Estatut de Catalunya.

Coido que si é certo o que dixo Rajoy de que algúns "barons" do PSOE están a negociar co PP o "desencarrilamento" do Estatut as costas do PSOE para darlle unha coitelada a Rodríguez Zapatero e ao PSC...
Primeira proba: A moción consensuada entre o presidente de Castilla-La mancha e o PP. (Está claro que iste presidente é un peón de Bono e se trata da mover a silla de Rodríguez Zapatero para facilitar a chegada de Bono a cúpula do PSOE nun novo intento, xa que non o pudo conquerir a primeira).
Penso que a actitude anticatalana e xenófoba do PP, dos medios de comunicación madrileños e do PSOE mais carca, (Guerra, Rodríguez Ibarra, Bono, e, por desgracia, incluso en parte o noso presidente Pérez Touriño que o menos malo que podía facer era calarse como un peto e o mais noble sería apoiar a Maragall), vai a conducir a unha reacción lóxica de autodefensa da sociedade catalana e o final da historia vai ser un auténtico divorcio de Catalunya e España, e así imos a unha situación que no mellor dos casos vai ser á checoslovaca e no peor á iugoslava...
Se eu fora catalán, oindo o que se oe e leendo o que se lee, renegaría de España...
Non pode ser que estén pagando e contribuindo ao conxunto, e por riba teñan que aturar os insultos dos esmolantes, (o caso de Rodríguez Ibarra é paradigmático).
Obxetivamente, o nivel de vida e de prestación de servizos en Catalunya sería moito mellor si Cataunya fora un estado independente dentro da UE que o que é formando parte de España..., e ainda así seguiría a ser contribuinte neto a aportado fondos solidarios, pero xa con toda Europa, como o son Holanda, Bélxica, Alemania, Dinamarca, Suecia, etc..., e non soio coas zonas deprimidas do Estado Español como fai agora...
A realidade e que Catalunya ten unha sanidade pública moito peor da que podería ter, ten soio autopistas de peaxe e mais deficiencias polo estilo, e iso é así para que boa parte de España poida permitirse ter autovías gratuitas, AVE, unha sanidade e un sistema de pensións superior ao que pode permitirse cos seus soios recursos, etc..., e por riba teñen que aturar en versión "aggiornada" aquelo de "Pujol, enano, habla castellano".
Moitos cataláns de orixe inmigrante, sinaladamente andaluza, cabreanse e descubren a sua "catalanidade", cando, nas súas vacacións de camiño as vilas dos seus antepasados, percorren as terras de Castela e Andalucía en interminabeis autovías gratuitas, pagadas cos seus impostos, e a diario teñen que facer cola nas peaxes das autopistas de acceso a Barcelona dende as vilas do seu hinterland para ir a traballar, a estudar, etc...