2005/12/18

Documento que está a circular por Camelle iste Nadal:

Transcribo unha carta que o responsable local do BNG no Concello de Camariñas distribuiu entre os veciños co gallo do terceiro cabodano do pasamento de Man, (o alemán de Camelle).

Carta aos veciños de Camelle do responsable local do BNG no Concello de Camariñas.

Estimado/a veciño/veciña:

Con motivo do terceiro Aniversario da morte de Man dirixímonos a tí para informarte das novas que hai sobre o seu legado artístico, cultural e turístico.

O Concello de Camariñas recibiu diversas doazóns para a conservación da obra de Man, que aproximadamente rondarían as seguintes cantidades:
Consellería de Cultura: 354.000 Euros.
Galería Argos, (Vigo): 6.000 Euros.
29 artistas das Illas Baleares: 52.000 Euros.

A istas cantidades engadiríanse os cartos que tiña o propio Man.

Todos istes fondos foron desviados para costear a construcción da Casa da Cultura de Camelle no lugar de empregarse na rehabilitación e mantemento do museu-xardín deixado por Man.

Día tras día podemos ir vendo como o principal referente turístico de Camelle vaise deteriorando pola acción do tempo, da xente sen escrúpulos e, como non, da incompetencia das actuais autoridades municipais, e isto non é unha cousa illada xa que podemos ver tamén outros exemplos de abandono municipal, (o estado no que se atopa o paseo marítimo de Camelle, o complexo de Aldea Madeira en Brañas Verdes onde se levan enterrados moitos centos de miles de euros para que medren os toxos e non tirarlle ningunha utilidade, a mesma lonxa de Camariñas, os moitos anos que estivo derruido o polideportivo da Ponte, en xeral o abandono de todo o mobiliario urbano do Concello).
Non pensamos que sexa o xeito máis axeitado de financiar unha instalación imprescindible para Camelle como é a Casa da Cultura, que é algo de competencia propiamente municipal, a costa doutra inversión tan trascendente como é a conservación da obra de Man, que tanta sona lle dou a Camelle e é o seu principal reclamo turístico. Ista actuación é a consecuencia dunha pésima xestión municipal.

Como conclusión, os esforzos e cartos destinados para manter o legado orixinal de Man están a ser desviados a Casa da Cultura que tiña que ser financiada cos cartos municipais, e isto coidamos que podería chamarse con propiedade “malversación”.

Dende o BNG estamos a traballar intensamente e a facer xestións diante da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia para evitar a destrucción do legado artístico de Man.

Esperando que a nosa labor dé un froito satisfactorio respecto a conservación do legado de Man, desexámoslles un bo Nadal e un próspero aninovo, e agasallámoslles cunha participación de 10 céntimos no número 55.452 da Lotaría do Nadal do 2005.

2005/12/04

Reflexión sobre os riscos de danos na costa galega polo efecto de maremotos ou pola elevación do nivel do mar.

Unha cuestión:

¿Está Galiza preparada para o caso de ser azoutada por un tsunami producido por un maremoto?, ¿Se contemplan nas novas urbanizacións e infraestructuras os riscos de elevación do nivel do mar por efectos climáticos, sísmicos, meteorolóxicos, etc...?.

Non é un risco despreciable, Lisboa sufriu un no século XVIII, e produxo miles de mortos e a destrucción da parte baixa da cidade, fai uns días houbo un terremoto submarino perto de Cabo San Vicente, que no produxo ondas apreciabeis, pero un tsunami sísmico, ou por outras causas arrasaría casi todalas poboacións costeiras de Galiza. Iste fenómeno na costa mediterránea da península Ibérica tampouco é imposible, (As Illas Columbretes son os restos da explosión dun volcán), e entre a Peninsula e Africa existe unha zoa de choque de placas que cualquer día pode dar un disgusto maior.

¡Ollo!...

Ao mellor hai que modificar a lexislación de costas e limitar los usos residenciais e de importancia especial según os criterios da vixente Norma sísmica NCSR-02 non tanto pola distancia ao mar como pola cota sobre o seu nivel.
Sería prudente non urbanizar terreos situados a cota menor de 20 metros sobre o nivel do mar.

Quero introducir algunha matización sobre a afirmación de que non deberianse urbanizar terreos a menos de cota +20 sobre o nivel del mar, supoño que para iso existe o CSIC, e o IGN, (ainda que nalgúns casos non amosaron demasiada eficacia, como no asunto dos aerolitos de xeo ou no análise do Prestige, (persoalmente desconfío da investigación por "funcionarios de 8 a 3 con dereito a moscosos"), pero ben, deberiase determinar unha cota razoable en relación coas probabilidades de altura de onda, (como faise para o cálculo de avenidas en cauces), e tamén según as condicións da costa, (probablemente non cause o mismo efecto unha onda tendo en conta o fondo do mar e a distancia da costa ao talude continental. Ainda que non sou un especialista, coido que en augas menos profundas que a altura da onda, ista rompe e pode producir mais danos.

Ademais está o efecto da morfoloxía litoral, (no fondo das rías a altura das mareas é maior que na boca), polo que non sei cal será o efecto, si se acentúa o fenómeno ou se atenúa ao romper a onda nos cabos.

O caso é que é un risco a considerar no intre de planificar infraestructuras, e a considerar por la lexislación de costas e pola ordenación do litoral, especialmente no Plan Sectorial que se está a redactar, ou nas iniciativas que ao respecto ten anunciado o Presidente da Xunta.

Unha consecuencia de todo isto é que hai que reconsiderar especialmente a posibilidade de urbanizar para usos residenciais ou de certos servicios os peiraos do actual porto de A Coruña ou da antiga fábrica de tabacos, así como outros recheos, (casos de Baiona, Vigo, Boiro, Vilagarcía, Ribeira, Cee, Sada, Cedeira, Foz ou Viveiro), e é bó consideralo a priori e non esperar a que se produza unha catastrofe.

Sobre a posible reducción de servizos da Administración de Facenda da Costa da Morte

Diante das novas de que por parte a Axencia Estatal de Administración Tributaria está en estudo a posibilidade de reducir os servizos que se prestan na Administración de Cee hai que lembrar que os servizos da Administración de Facenda de Cee son moi necesarios para toda a Costa da Morte polas seguintes razóns:
Ista comarca está moi afastada e a realización de calquer xestión persoalizada referente aos sevizos que se suprimisen implicaría un desplazamento de aproxemadamente 100 Km. a Coruña ou Santiago.
1. Ista comarca non conta con redes desenvolvidas, (cabo, ADSL en moitas localidades), que permitan unha adecuada xestión por internet de moitas xestións tributarias.
2. A media de edade da poboación da Costa da Morte é bastante alta o que na práctica fai que istes sectores de poboación teñan mais dificultades para as xestións vía internet.
3. A disminución de servizos xa existentes na Costa da Morte é contraditoria con todas as declaracións e promesas das distintas forzas políticas dempois da catastrofe do Prestige en orde a potenciar e desenvolver ista comarca.
4. Ademais do anterior, na actualidade apréciase que os servizos que presta actualmente a Administración de Facenda de Cee son xa insuficientes, precisando que conte cunha unidade de xestión catastral, xa que a fragmentación da propiedade na Costa da Morte, o dinamismo do mercado inmobiliario e a avanzada edade de moitos propietarios cos tramites sucesorios que elo conleva fai moi neceserio a prestación dise servizo a mais dos actuais.

Polo anterior, coido que é preciso que as institucións da comarca, (os plenos dos Concellos, a Mancomunidade de Fisterra, a Asociación Neria, así como as entidades veciñais, empresariais e sindicais), se dirixan ao Presidente do Goberno, ao Presidente da Xunta de Galicia, ao Vicepresidente Segundo do Goberno e Ministro de Economía e Facenda e ao Conselleiro de Economía e Facenda da Xunta de Calicia, solicitando que pola sua parte se tomen as disposicións precisas para que a Administración de Facenda existente na Costa da Morte manteña todos os seus servizos actuais e ademais os amplíe incorporando un servizo de xestión catastral rústica e urbana para toda a Costa da Morte.