2016/01/10

Loitas soterradas, (ou mellor sumerxidas?), dentro da "Marea"

Eu o vexo así...
Hai desatada unha loita "a morte", política e de egos, pola candidatura a Presidencia da Xunta polo que nas eleccións xerais foi "En Marea", (a verdade é que ven moi factible o conquerir a presidencia por perder o PP a maioría absoluta e quedar eles como forza maioritaria da oposición a resultas do que se viu nas xerais)...
Fai uns días, Yolanda, que aspira a ser ela a candidata, fixo unha manobra por medio do alcalde do Ferrol, que coma militante de EU prestouse gostoso, para forzar o descarte dos alcaldes, (nomeadamente do que mais sona, Martiño), como candidatos aseverando que tiñan un compromiso coas suas alcaldías por catro anos e que impedíalles aspirar a ser candidatos a Xunta...
Logo, a previsión de que houbera que repetir as eleccións catalás, fixo que Pablo Iglesias, botando contas para ir acaparando poder para a sua marca, apostara por Colau sen sequera contar coa sua opinión, para candidata en Catalunya, (co que abría de novo a porta evidentemente a Martiño polo mesmo razoamento)...
Co desbarate da operación Colau, rapidamente sae Breogán
a posicionarse, acusa de sobrerrepresentación aos demais, (Anova e EU), e ameaza coa posibilidade de ir so como Podemos ou con outros pero sen Anova e EU para forzar a que o apoien a el...
Divertidas guerras da mais vella política nos que din ser paradigma da "nova política"...
Isto so é comparable as guerras sucesorias de Fraga entre "boinas" e "birretes" no PP..., con Beiras no papel de Fraga e Iglesias no de Aznar!...
Ista película xa a víramos en versión orixinal, agora fan un remake!...

AMPLIACIÓN do 11 de xaneiro!


Ondiá!...
Leín hoxe na Coz que sei que Beiras aspira a presidencia da Xunta!..., por outra parte tamén oín unha análise ben fundada nise senso e que por elo tamén fixera el declaracións descartando a Martiño polo seu compromiso coa alcaldía!...
Recoñezo que non contemplara tal posibilidade!...
80 anos e unha operación de corazón, ademais do seu baixo ritmo vital e de actividade nos últimos tempos pensaba eu que eran razóns dabondo para descar as suas aspiracións...
Mais..., querrá emular a seu antagonísta histórico, Fraga, que concurriu as suas derradeiras eleccións a Xunta con 82 anos e coa sua imaxe choqueiramente fotoshopeada na cartelería electoral?...
Así que temos catro a pelexar, o vello Beiras que quere recuncar e tres galos a se desplumar, (Martiño, Yolanda e Feijoo)..., mais os agochados que ainda podan saltar!...
Divertido, divertido!..., vou mercar pombiñas de millo e coller asento en primeira fila!...
O país?..., e iso a quen lle importa!..., ao BNG?..., e ises que pintan?...

Etiquetas: ,

1 Comments:

Anonymous Anónimo said...

co de "pombiñas de millo" matáchesme xDDD

8:53 da tarde  

Enviar um comentário

<< Home