2006/05/17

No debate sobre a perda de falantes do galego fronte ao español, eu pregunto: ¿Por qué non unha sociedade dual?

Tal como están as cousas eu, o sinto, pero cada día me inclino mais polo modelo que eu chamo dual...
É decir, na educación haberá centros onde soio se fale e se ensine en galego, (menos unha asiñatura de español), e centros onde sexa xusto ao revés...
Para escomenzar eu aceptaría partillar o presuposto e o persoal ao 50% entre os dous sistemas..., entendendo que isto se aplicaría a todos os centros públicos dende primaria ate a universidade e tamén aos centros concertados.
Eu ainda aplicaría isto a sanidade pública, a admistración, a xustiza, aos notarios, aos rexistros, etc...
Inconveniente: en principio entregábamos medio país ao español...
Ventaxa: en principio conservábamos medio país...
Unha regla básica: na mitade galega se trataría de que a galega fose a única lingua oficial, de xeito que todo o persoal no horario de traballo tivera a obrigación de expresarse oralmente e por escrito soio en galego, incluso cando o seu interlocutor, (o administrado) o faga en español, e os documentos escritos que se aporten aos expedentes soio sexan válidos se están en galego, precisando traducción os que se aporten en español.
Ben, supoño que moitos non estaredes de acordo, pero é unha idea...
A cuestión é que os que optemos polo galego amosemos que o noso medio país funciona mellor que o pais españolfalante, que os nosos centros educativos acadan un mellor nivel, que a nosa sanidade ten menos espera e mais calidade, que os barrios galegos, (porque o sistema tendería a producir unha segregación social en zonas galegas e zonas españolas), teñan unha maior calidade de vida, e así ir atraendo a longo prazo a maior parte da poboación, (se queres vivir mellor terás que vivir en galego), e todo iso sendo coscentes de loitar en desventaxe, (as tvs e radios non se poden partillar, e gañan 6 a 1), e se non o conseguimos, ..., pois nos extinguiremos, (pero por ise camiño xa imos).
Ver eiquí­

2006/05/11

Xa se van achegando as eleccións municipais...

Agora que nos Concellos da Costa da Morte, (e de todo o país), sintese xa a proximidade das eleccións municipais do ano 2007, e diante do feito de que en moitos distes Concellos os votos da emigración son decisivos para decantar o resultado, (Carnota, Fisterra, Camariñas, Vimianzo, etc...), abrese de novo o debate sobre o dereito ao voto dos galegos de orixe residentes no extranxeiro, nomeadamente na Arxentina...

Hai varios xeitos de resolver o problema...

Cando as eleccións en Israel, entereime por unha entrevista a un cantautor xudeu afincado en España, que todos os xudeus do mundo teñen dereito a adquirir a nacionalidade israelí, e unha vez que son israelís, poden votar, pero para facelo non o poden facer por correo nin en mesas situadas no extranxeiro, teñen que viaxar a Israel para votar, e que el, (era votante dos socialistas), iba a coller un avión a Israel para votar o día das eleccións e voltar ao día seguinte...

Podería ser unha solución, quen quera votar nas eleccións galegas, que veña a votar o día das eleccións...

Hai, dende logo moitas mais solucións, a de crear circunscripcións electorais específicas para os residentes no extranxeiro, ao xeito do que fixo Italia nas últimas eleccións...

De calquer xeito hai dúas condicións que se teñen que cumprir.

1. Cada persoa soio pode votar unha vez, así que os residentes no extranxeiro soio poden votar nas eleccións galegas si non teñen dereito ao voto no pais de residencia, ou de telo, renuncian expresa e previamente ao voto nise país..., (non pode ser que a mesma persoa vote por exemplo nas eleccións españolas para o Parlamento e tamén vote para o Parlamento arxentino ou para a Presidencia da república)...

2. No caso das eleccións locais, coido que soio poden votar os residentes, tanto galegos como extranxeiros. É decir, que un galego residindo en Arxentina ten, no caso das eleccións locais, que votar na Arxentina necesariamente, no caso de que a lexislación arxentina o permita.

Isto o vexo así porque nas eleccións xerais se escolle para decisións políticas de índole xeral vinculadas en certo xeito a "nacinalidade", e para que teña doble nacionalidade é lícito o poder optar. Nembargantes, nas eleccións locais soio se elixe a gobernos que inciden sobre políticas locais, polo que a vinculación coa residencia e moito mais evidente.

Si non quedan claros istes principios, a fraude está servida...

Propoño un exemplo:
Como na UE os nacionais dun pais teñen dereito ao voto nas eleccións locais doutro pais da UE no que residan, imaxinemos que os veciños de Tui e os de Valença se poñan de acordo para intercambiar administrativamente os seus domicilios, así que todos os galegos de Tui figuren como residentes en Valença, (no extranxeiro), e os miñotos figuren como residentes en Tui...
Chegadas as municipais, en Tui votaría todos os portuguese valençanos como residentes, e todos os tudenses empadroados en Valença como "emigrantes", e chegadas as elecións para as cámaras portuguesas, repetiríase a xogada no caso de que Portugal permita o voto nas eleccións locais aos residentes no extranxeiro, (cousa que ignoro)...
Se ista manobra a fixeran soio os simpatizantes de dous partidos análogos inplantados aos dous lados da fronteira, por exemplo o BNG e o Bloco de Esquerda, xa tíñamos o xeito de facer un fraude absolutamente legal e que ambos partidos doblaran os seus votos...

Está claro que isto amosa que non é lóxico un sistema electoral que permita cousas como ista.

2006/05/09

Sobre Touriñan e os rodaballos

Hoxe, cando todo o pais anda a voltas coa granxa de rodaballo que Pescanova ia instalar na peninsula de Cabo Touriñan, vou poñer iste enlace a un artigo que fornece de información interesante para formarse unha opinión sobre o asunto.
Ver eiquí­

2006/05/03

As pegadas de Man


Aproveitei a tarde do domingo para voltar ao museu de Man, precisamente o día que na prensa informaban de como o Estado confiscou a conta que deixou con 120.000 Euros...
¡Canto abandono!...
As veces, vendo cousas como istas, un pensa, ¿para que queremos un estado?...
O Concello malversa as doacións en facer un edificio de servizos municipais en Camelle coa excusa de que servirá para expoñer o legado de Man...
A Xunta segue a "estudar" o asunto...
O Estado confisca os cartos e se esquece do patrimonio que está en terreos da súa competencia...