2009/06/10

Chovendo para arriba...

Istes días ando dándolle voltas nos miolos aos resultados das Eleccións Europeas e a deriva electoral do BNG nos últimos tempos...

En eses estaba, cando onte no medio do temporal que batía na Costa da Morte vin unha imaxe a través da fiestra que fíxome reflexionar...

video

As pingueiras do tellado, na vez de caer ao chan, eran empuxadas cara arriba polo vento realimentando a chuvia sobre o propio tellado...

¿Non estará pasando algo así no debate sobre o ser da Nación e o que é ser nacionalista?...

O debate no seo do BNG non deixa de pingar auga que o vento da sociedade sigue a botar sobre nos, sendo un círculo infindo que conduce ao afogamento...
Ver eiquí­

2009/06/02

Outra reflexión arredor destas Eleccións Europeas. A esquizofrenia dos votantes socialistas

¡Manda carallo!... Ultimamente estou alucinando con esta campaña.
Correxídeme se me equivoco...
Resulta que o domingo vótase na Hespaña para elixir a 50 deputados dun Parlamento Europeo...
Resulta que sobre o 80% dos votos vanos repartir na Hespaña entre dous partidos, mais ou menos ao 50%...Resulta que eses deputados teñen que elixir ao presidente dun executivo, (si, é certo, un pouco sui-generis)...
E... ¡¡¡tachiiín!!!..., resulta que xa sabemos que todos os deputados elixidos por eses dous presuntos partidos rivais van votar a...
¡Acertaron!..., ao mesmo candidato para presidente os dous partidos, a Durao Barroso, (o cuarto home da foto das Açores)...
Algún votante do PP imaxina unhas eleccións na Hespaña nas que sexa o que sexa o resultado, PP e PSOE xa estivesen previamente de acordo en que ían votar para presidente a Zapatero?...
¡De tolos!...
Pois os votantes do PSOE, que pensen que iso é o que van facer, votar para presidente ao candidato do...
¡¡¡Partido Popular!!!

2009/06/01

Defensa da língua galega na campaña das Europeas!

Por pura supervivencia do galego é imprescindible darlle nistas eleccións europeas un toque a Feijoo para que cese na persecución da nosa lingua...

Polo galego, na Galiza hai que votar contra a política de contínuo ataque a lingua galega do presidente Feijoo, a fin de contas istas eleccións non son determinantes para configurar gobernos, pero si sirven para pulsar a opinión dos votantes...

Eu penso que o mais eficiente e votar BNG, pero se isa opción parecelles demasiado extrema aos votantes tradicionais do PP, tamén lles propoño que voten a papeleta do seu partido, (o PP), pero escribindo algo a prol do galego para que o voto sexa nulo...

Tratase de facerlle comprender a Feijoo que con isa política linguística galegofoba que está a encetar, pode perder mais votos de galegofalantes conservadores que os que vai gañar dos radicais antigalegos de "Galicia Bilingue".

Xa que isa parece ser a única linguaxe que entende, a linguaxe electoral, cecais unha baixada do PP na Galiza xunto cun incremento do voto o BNG e de votos nulos sobre papeletas do PP pode ser unha mensaxe intelexible para el...

Porque eu creo na liberdade e nos dereitos individuais, pero tamen na responsabilidade e nos deberes. Para poder escoller si queres falar galego ou hespañol, (as dúas linguas oficiais na Galiza), tes que dominar as dúas, e logo podes escoller, tes verdadeira liberdade de escoller.

Feijoo pretende, na práctica, que a maioría da xente escolla "voluntariamente" o hespañol, para o cal está a buscar o xeito de que se estudie o mínimo en galego e de feito, non o domine. Para min iso é atacar o galego...

O mesmo no caso dos funcionarios, o que persiguen as medidas que impulsa Feijoo é facilitar o acceso a función pública con descoñecemento expreso do galego aos profesionais dos niveis superiores, (co que ademais se reforza a idea de que o galego non é convinte para os altos cargos e profesionais de éxito, e soio sirve para paletos, aldeáns e funcionaros subalternos), e facilitando ademais que a administración galega se nutra de funcionarios de fora...

Para mín iso tamén é atacar o galego...

Por todo elo, é polo que tento de pedir aos poderes públicos que cumpran o mandato legal, (da Constitución, do Estatuto e da Lei de Normalización Linguística), de protexer e potenciar a língua propia e oficial da Galiza e convido a todos a presionar ao máximo responsable a cumprir o seu deber legal.