2010/06/21

A propósito dunha entrevista ao alcalde coruñés.

A propósito dunha entrevista publicada no xornal "El Correo Gallego" ao alcade "curuño" Javier Losada, na que iste, dentro das medidas de reordenación administrativa e territorial por mor da crise económica e racionalizacións das estructuras da administración territoria, pronunciase contra a fusión de concellos e defende a pervivencia das deputacións.
O alcalde, nunha entrevista realizada por Europa Press, mantén que "máis que fusión, ten que haber unha cooperación e unha xestión compartida, porque falamos de acenos de identidade". "Un é de onde é e non pode dividirse", sostén o rexedor da Coruña, que incide en que "as identidades son difíciles de fusionar".

No caso da área metropolitana da Coruña, Losada insiste na súa aposta por unha "cidade-rexión" que abarque desde Ferrol ata Carballo, para crear "un área funcional forte". Tamén invita á "reflexión" sobre cal debe ser a función das deputacións, e rexeita unha decisión sobre a súa supresión "baseada en cuestións puntuais".
Fronte as opinións diste alcalde do PSOE, nos mantemos que sería moi racional a fusión do Concellos, pola integración de servizos e a economía que supón, e tamén pola reducción de cargos e liberacións.

Agora ben, isa integración ten que ser gradual e racional, non arbitraria ou excesiva que provoque rivalidades e disfuncións que se podan trasladar a cidadanía e crear conflictos innecesarios.

Indo ao concreto, no caso da Coruña temos, que ademais de ser un dos concellos mais pequenos en superficie da Galiza, está claro que moitos dos servizos e instalacións que son propias da cidade da Coruña, sitúanse fisicamente en concellos limítrofes, así o porto exterior e as principais industrias coruñesas están en realidade en Arteixo, e o aeroporto está en Culleredo, polo tanto vemos racional a fusión formal de polo menos ises tres concellos que en realidade sería unha absorción de Arteixo e Culleredo pola Coruña, e mais tendo en conta que nin Arteixo nin Culleredo contan cun núcleo cunha forte tradición de identidade propia.

Outra cousa distinta é pretender facer areas excesivas que ademais de estar fraccionadas por accidentes naturais, (caso de marxes distintas das rías), si poden crear conflictos con localidades que pola súa entidade, historia ou características socioeconómicas poden crear conflictos sociais, nise senso está claro que Ferrol, Betanzos ou Carballo sería ilóxico que se viran absorvidas polo concello coruñes, polo menos na fase actual, ainda que cedais si canda un destes concellos si debería fusionarse con algún outro lindante e complementario ou ben extensión física do mesmo, (o caso mais palmario pode ser o do Ferrol, do que o concello de Narón é unha clara extensión contínua fora da súa xurisdicción...

O caso e que nunha primeira fase sería razoable reducir na Galiza o número actual de concellos a menos da terceira parte, (deixar menos de cen), e tomando como primeira referencia o plan de comarcalización de Fraga, ao que cecais habería que facer algunha corrección, pero que podería tomarse como punto de partida para pasar dos 315 concellos actuais, (94 na Coruña, 67 en Lugo, 92 en Ourense, e 62 en Pontevedra), aos 53 concellos-comarcas do plan de comarcalización (18 na Coruña, 13 en Lugo, 12 en Ourense e 10 en Pontevedra), plan, ao que como dixen, poderíaselle facer algunha corrección para que algún dos novos concellos non resultara tan extenso ou con dúbidas respecto a súa capitalidade, pero en todo caso deberían resultar menos de cen.

En canto a preservación das identidades locais, tampouco tería moito problema recoñecer a persoalidade xurídica de entidades locais menores a moitos dos concellos actuais que desaparecerían, ou incluso a parroquias ou localidades con entidade que non chegaron a ser concellos independentes... Teñamos en conta que as entidades locais menores, tendo persoalidade, competencias e orzamento, nembargantes non teñen en xeral fmoito gasto corrente en funcionariado nin cargos representativos remunerados, co que non xeran mais gasto que pequenas inversións de tipo estrictamente moi local...

Etiquetas:

Ver eiquí­