2006/07/26

París ben val unha misa...

Isa frase, que coido pronunciou Enrique de Navarra, (podo estar trabucado), vai case 500 anos, sigue a ser exemplo do cinismo e do "todo val" para acadar o poder...
E isto vai por Pérez Touriño, para quen todo val con tal de estar no poder e seguir a medrar...
El, e os seu compañeiros "peixes", fixeron a viaxe, tragando con todo o que fixera falla para chegar ao Pazo do Monte Pío, do PC e o marxismo a beatería diante do bispo e no nome do Rei, pasando polo servizo ao felipismo da corrupción, do adiamento das autovías galegas, do Aegean Sea que lembrou Quintana no seu discurso, polas as intrigas zapateriles e o arrincoanamento dos compañeiros da primeira hora, (dos bos e xenerosos), todo para chegar a gastar chaqué...

Tanto Pérez Touriño como Núñez Feijoo son tan falsos que por falsear ate falsean o apelido, ¿por que ao Sr. Pérez se lle chama Touriño e ao Sr. Nuñez se lle chama Feijoo?...

O único que me parece de fiar entre os líderes políticos galegos é Quintana, (tan congruente é, que en Santiago, en vez de ir a Catedral vai ... ¡a Quintana!)...
Ver eiquí­

2006/07/17

Sobre a última, (que por desgracia coido que non derradeira), guerra no Líbano e Palestina.

Coido que a existencia do Estado de Israel en territorios da antiga Palestina é un erro histórico...

En certo senso, para min que ten razón o presidente iraní: a existencia do estado de Israel é a expiación dunha culpa europea..., (a última e mais dramática materialización foi o holocausto xudeu cometido polo réxime nazi alemán, pero non é unha culpa soi alemá, houbo complicidade en toda Europa, e ademáis houbo outros exemplos de graves persecucións, progroms en Rusia, Polonia, antisemitismo e discriminación en Italia, Franza ou Inglaterra e, anteriormente, a persecución e expulsión dos xudeus polos Reises Católicos e a posterior persecución pola inquisición dos conversos)...

O caso é que unha culpa colectiva europea a pagaron os árabes..., (os cales tiñan as súas propias minorías xudeas coas que mal ou ben levaban convivindo os casi 1500 anos de historia do Islam, e polo menos 500 anos denantes dende a definitiva dispersión dos judeos en tempos do Imperio Romano)...

Si era necesaria a creación dun estado "xudeu" tra-la Segunda Guerra Mundial, o lóxico é que iste nacera nalgún lugar de Europa, a fin de contas ao final da 2ª. Guerra houbo importantes desprazamentos de poboación, e así como terras antes poboadas sobre todo por alemáns repoboaronse por eslavos, (Koningsberg, Dantzig, Silesia, parte de Chequia, etc...), probablemente entón, deberase crear un estado xudeu en Europa, deixando en paz e favorecendo a integración e convivencia de minorías xudeas en toda Europa, en Orente Próximo e en América...

Creando o estado de Israel creouse un conflicto que agora vexo irresolubel...

Existirá un permanente irredentismo árabe..., indirectamente medra a desconfianza da maioría islámica dos paises árabes contra as súas minorías de árabes cristiáns e de xudeus, (non sei se calificar aos xudeus orixinarios de países árabes como árabes xudeus ou como simplesmente xudeus)..., ademáis desestabilizase un área fundamental para a economía mundial, exacerbouse o integrismo islámico...

En resumo, ¡¡¡caghamo-la!!!...

A solución para o "Fogar nacional xudeu" (así chamabanlle os sionistas a finais do século XIX e a primeira mitade do XX), en Europa no era fácil, pero no ano 1945, calquera solución era posible, (hoxe hai un absurdo que se chama Kaliningrado que é unha provincia rusa enclavada en plena UE e que é consecuencia das tonterías de aqueles días, pero diante de tanta masacre, o das fronteiras era o de menos)...

Supoño que dende o punto de vista accidental é necesaria unha política antiterrorista, pero o absurdo é matar moscas a cañonazos. Os problemas terroristas non os resolve a vía militar, os resuelve, por unha parte a vía política e diplomática nun marco de legalidade internacional, a policía e la xustiza no ámbito interior dun Estado, (niste caso a seguridade isrraelí, e, en último extremo, no ámeto das "tebras", pois os servizos secretos..., (que para iso os crearon a maioría dos estados).

O que é un erro é convertir problemas de terrorismo en guerras abertas, (sobre todo porque multiplican innecesariamente o número de víctimas e os danos materiais, a non ser que sexa iso exactamente o que se busca), e no caso de Israel, ise estado ten unha boa experiencia de servizos secretos e redes de información sin necesidade de amosar imáxes de bombardeos de obxetivos civís por un exército que o que logran é cabrear a sectores do mundo árabe que en principio serían precisos para procurar unha convivencia pacífica e xerar no futuro mais agravios e sementar mais violencia...

Dende un punto de vista egoista para o sionismo, ¿non favorecía mais os intereses expansionistas israelís cando estaban tirotandose entre eles os policias e milicianos de Al-Fatah e os de Hamas polos soldos e os postos de mando na Autoridade Nacional Palestina que agora, que diante do avance dos blindados está claro que ambas facciones teñen que combatir xuntas contra Israel espoleadas pola súa poboación?...

E no Líbano, pois o mesmo..., ¿algún goberno árabe que qera polo menos non provocar a súa propia opinión pública pode nistes intres facer o mais mínimo xesto de distensión con Israel ou de persecución efectiva de organizacións islamistas simpatizantes co terrorismo antioccidental?..., coido que non.