2005/08/19

A voltas con Tres Mares

Hoxe voltamos a falar de asuntos locais, e seguimos en Cee.
Onte celebrouse un pleno extraordinario do concello no que debateuse unha moción conxunta da oposición en defensa da piscifactoría do Grupo Tres Mares en Lires fronte ao expedente de caducidade da concesión de caudal do Río Castro incoado por Augas de Galiza e a sospeita de que haxa vinculación entre tal feito e a concesión dunha central hidroeléctrica sobre dito río en favor dunha empresa na que participa como socio Daniel Domínguez, fillo do Alcalde de Cee.
Sobre iste asunto temos que criticar e descalificar a tres dos axentes intervintes por graves sospeitas de corrupción.
Primeiro ao Alcalde, Antonio Domínguez García, que ainda que se excusa en base a que o expedente é unha iniciativa de Augas de Galiza, e de quen participa na concesión da central non é el, si non o seu fillo, non se pode esquecer que aparentemente hai unha tea de intereses personais, económicos e políticos dos qure non pode manterse ao marxe. Si é certo, como se farta de decir, que todo é legal, e que o seu patrimonio é lexítimo, debería entón apartarse da política, ¡non é obrigatorio ser Alcalde!, e si os negocios privados ensombrecen a actividade política,terá que deixar a política, non abonda con ser honrado, (que hai motivos para dudalo), ademais hai que parecelo.
Segundo, a empresa Grupo Tres Mares, cuia traxentoria de incumprimentos legais e de infraccións medioambientais e mais que notoria dende seu establecemento en Lires fai mais de trinta anos, prevalecendose da súa relación con un alto cargo do tardofranquismo. Entre algunhas das súas actuacións contrarias ao medio ambente está a contaminación da ía de Lires, as voaduras no Mellón de Lires para facer unha captación de auga de mar r que xa foron denunciadas polo BNG de Cee fai dez anos, o exceso de captación de caudal no Río Castro, a ocupación da zona de servidume de paso da zona marítimo terrestre, (o mesmiño que Pedro J. coa piscina do seu chalet), etc..., todo o cal fai qu ista empresa non poda considerarse unha empresa exemplar no seu respecto polo medio e pola legalidade.
O terceiro intervinte que tería moito que calar é o ex-alcalde e actual voceiro do PSOE en Cee, Manuel Lamela Lestón, que tras criticar as dubidoas actuación do alcalde actual do PP que misturan os seus intereses económicos e os dos seus familiares e amigos coa súa actuación política, esquece que el mesmo posúe un patrimonio moi superior ao que correspondería aos seus ingresos profesionais, que durante un tempo cobrou irregularmente do Concello sin estar aprobada a remuneración polo pleno como correspondería, que hai rumores de que lucrouse coa operación de creación do centro comercial Finisterrae, que claramente prevaricou para favorecer aos seus amigos, e que coa colaboración da súa filla, a abogada Margarita Louzán, utilizou todos os recursos posibles para obstaculizar canta operación podería favorecer aos seus rivais políticos. É un erro do BNG asociarse cunha persoaxe tan turbia como Lamela, e ao tempo, o propio PSOE debería de facer por apatar de sí a ista mazá podre, xa que ao seu carón hai persoas de honestidade comprobada como é o caso do conceleiro Garea que poden representar con dignidade a iste partido en Cee.