Reflexión arredor do manifesto
do 'Encontro Cidadán por unha Marea
Galega' que pide unha candidatura
galega formada "mediante un proceso de elección de primarias abertas á
cidadanía, con censo e inscrición rogada".
ENCONTRO CIDADÁN POR UNHA Marea Galega
O das primarias da para
moito..., para min é un mito e son absolutamente innecesarias se tiveramos un
sistema electoral minimamente
"democrático", (con vírgulas en atención a polisemia da verba, que tamén ten o seu aquel)...
Co
sistema electoral vixente..., (o de listas pechadas e Lei d'hont), entendo que
haxa que facer "algo" para confeccionar a lista..., chámeselle
primarias, congreso ou asemblea de partido ou "dedazo" de líder...
E vou ao cerne..., e que considero que para min é un sistema minimamente
democrático?..., pois aquel no que é imposible que ningún líder teña un poder
ou autoridade mais aló do que consiga por convencemento ou por "autoridade
moral"..., un sistema que garanta unha lista moi plural e na que ningún integrante
da mesma vai ser un "propio" que diga por sistema amen ao GRANDE
LIDER..., (sexa iste Pablo Iglesias, Xosé Manoel Beiras ou Paco Rodríguez)...
E como conséguese o anterior?..., pois por exemplo cunhas primarias nas que se
poda presentar quen queira individualmente, e poda votar tamén quen queira, (so
unha vez sen facer trampa), pero so a un candidato..., pero claro, elíxense,
por exemplo, para as xerais e pola circunscrición da Coruña, pois 17
candidatos!..., (8 para o congreso, tres para o senado e tres suplentes para o
congreso e outros tres para o senado)... O que pasa é que non hai para votar
nin listas nin pranchas nin hostias, cada votante so pode votar por un daceseteavo
da candidatura..., e supoñendo unha "candidatura unitaria" con
Podemos, IU, BNG, Anova, Gelo, CxG, a asociación de veciños de Cuspedriños e as
amigas da "pija Jennifer"..., resulta que Podemos presenta a Carolina
Bescansa e carreta a 5000 votantes por ela..., os da UPG, que che son moi
disciplinados, levan 2000 votantes e calculando moi ben os reparten entre 1100
a prol de Bieito Lobeira e 900 para Ana Pontón..., os de Abrente, que rosman
todo o dia contra a U, levan a 1000 a votar a Aymerich... Yoli consigue que 500
de IU mais os seus parentes voten por ela..., a Beiras, por ser Beiras, o votan
os 200 de Anova mais 10000 que pasaban por alí..., Gelo, el soíño, move a 2500
veciños de Oleiros e arredores para votalo..., os de CxG non dan xuntado na provincia
mais que 250 votos para Bascuas..., hai vinte veciños de Cuspedriños que votan
ao presidente da asociación, e a "pija Jennifer" vai votar ela, sua
nai, sua aboa, duas amigas e eu, (por outsider)..., xuntando seis votos...
Ben, pois resulta que fixemos unhas primarias nas que saiu:
Beiras: 10200 votos.
Carolina Bescansa: 5000 votos.
Gelo: 2500 votos.
Lobeira: 1100 votos.
Aymerich: 1000 votos.
Ana Ponton: 900 votos.
Yolanda: 500 votos.
Bascuas: 250 votos.
Presidente da asociación de veciños de Cuspedriños: 20 votos.
"pija Jennifer": 6 votiños.
Agora, ao estilo Podemos, cada un elixe posto na candidatura según o seu orde
por votos obtidos, e como imos todos xuntos o sociólogo de cabeceira, (Carlos
Neira), nos di que así imos ser segunda forza tras o PP e por diante do PSOE e
quitaremos pola Coruña 3 deputados e un senador..., xa que ningún dos que se
presentou as primarias é parvo de todo..., (algún pode selo un chisquiño, pero
xa ten asesores no partido para explicarlle como vai o choio), Beiras di que el
vai de 1º ao congreso, Bescansa di que vai de 2ª, Gelo, "o listo", di
que de 3º, Lobeira, que parvo non é e a pasta faille falla ao BNG, (ou a U), di
que prefire ir de senador que de 4º ao congreso, Aymerich pensa que a el
válelle ir de 4º, que ao mellor o vello non remata o mandato e entra el na súa substitución...,
a Pontón asume que tócalle ir de 5ª ao congreso, pois o senado xa o pillou
Lobeira, Yolanda di que ao senado, que ao mellor ate ganan ao PP e levan os
tres senadores..., Bascuas pois entón di que el tamén ao senado, que ademais
axúdalle a orde alfabética..., e temos logo que o 6º ao Congreso será o
presidente da asociación de veciños de Cuspedriños e a 7ª será a "pija Jennifer"...
E ainda haberá que andar rogando a un "intelectual abaixoasinante",
(o Manolo Rivas coa súa bugina quedaba bonitiño no posto), que queira ir de 8º
pechando a lista e a seis "liberados" dos partidos para cubrir as
suplencias...
E así, con algo de retranca, pero con moito realismo, é como explico o que
entendo eu por unhas primarias abertas e democráticas..., (claro que iso no
fondo non lle gusta a case ninguén)...
Nota, xa sei que Cuspedriños é da circunscripción de Pontevedra, pero queda ben
o nome...
Etiquetas: Marea Galega, Primarias, Xerais