Pasados os feitos, todos adiviños!...
Ao mellor é que son "ateo" demais..., quero decir, descreído e pragmático demais, e tamén algo amoral..., pero..., vaiamos por partes,
1. Na análise e na actuación política, pese a descreimento de que me gabo, non son neutal, son nacionalista e militante, (ainda que algo suixeneris), do BNG...
2.
A miña concepción, pode non ser compartida, é que a representación
"nacionalista" de Galiza nas "Cortes do Reino", mais que a función de
lexislar e partillar na gobernación do Estado, ten a de actuar de
"embaixada" da nación galega diante do Estado..., polo tanto a sua
actuación parlamentar debería estar supeditada exclusivamente aos
intereses "nacionais" e non contaminada por outros criterios partidarios
ou ideolóxicos...
3. Aclarado o anterior, teño claro que isa
representación ten que ser absolutamente independente na sua actuación
parlamentar de calquer forza estatal..., xa que eso inviabilizaría o exposto antes!...
4. Por outra parte hai que ser minimamente
intelixente e realista de coma funciona o sistema electoral e coma
optimizar a rendabilidade do investimento político e mesmo económico que
supón o presentar unha candidatura...
5. Estaba clara a demanda
social dunha candidatura "unitaria" de país cara as pasadas eleccións xerais, (e tamén da esquerda non
nacionalista que ve as cousas non en clave de país), e agoirábase que
unha candidatura así, suficientemente ambigua e catch all no ideolóxico e
no nacional, podería ter un grande suceso, superando sen dubidas ao
PSOE e disputandolle a primeira praza ao PP..., na práctica iso supuña
unha previsión de 6 a 12 deputados e de 4 a 8 senadores coas sensación
que había previas as eleccións...
6. Nisa situación o lóxico era,
con independencia das formas, partillar unha coalición de "TODOS", cunha
cota de representación de cada "sector", cun programa de mínimos,
probablemente co compromiso de votar en primera instancia a investidura
do lider de Podemos como presidente do goberno se había lugar, e logo
cada parlamentario agruparíase onde tivera a ben e coa disciplina de
voto non da coalición, se non do seu sector...
7. Resumindo, o "lóxico" era que
artellarase unha coaligación por cotas entre "En Marea", (Podemos-Anova-EU), mais
NÓS*, (BNG e engadidos), CxG, Cerna e calisquera outro que quiserase sumar...
Que os
parlamentarios obtidos, tras cobrar para os partidos coaligados as
subvencións electorais que corresponderan, na vez de tentar constituir
un grupo parlamentar galego, (eu, coma nacionalista non estaría cómodo
nun grupo parlamentar por moi galego de denominación que fora, no que
houbera parlamentarios non nacionalistas cos que ter que negociar en
función dos seus lexítimos intereses partidarios contradecindo a
posición nacionalista exposta no punto 2), cada un iríase ao seu grupo
matriz, e os parlamentares nacionalistas..., pois ao mixto!..., (coma
nos últimos 20 anos estiveron os parlamentarios do BNG)...
Que así habería 2
deputados galegos de Podemos no grupo de Pablo Iglesias, 1 con Garzón,
os 2 de anova e o de Ourense onde quixeran, e os 2 que de pactar terían
saído polo BNG, (según os estudos feitos a posteriori), pois como
sempre, no grupo mixto!...
Non sería unha candidatura por "amor", sería so un matrimonio de comenencia..., business is business!..., (nisto non hai sitio para o romanticismo!)..., pero... MOI BENEFICIOSO PARA TODOS!...
Non sería unha candidatura por "amor", sería so un matrimonio de comenencia..., business is business!..., (nisto non hai sitio para o romanticismo!)..., pero... MOI BENEFICIOSO PARA TODOS!...