Outra reflexión arredor destas Eleccións Europeas. A esquizofrenia dos votantes socialistas
¡Manda carallo!... Ultimamente estou alucinando con esta campaña.Correxídeme se me equivoco...
Resulta que o domingo vótase na Hespaña para elixir a 50 deputados dun Parlamento Europeo...
Resulta que sobre o 80% dos votos vanos repartir na Hespaña entre dous partidos, mais ou menos ao 50%...
Resulta que eses deputados teñen que elixir ao presidente dun executivo, (si, é certo, un pouco sui-generis)...E... ¡¡¡tachiiín!!!..., resulta que xa sabemos que todos os deputados elixidos por eses dous presuntos partidos rivais van votar a...
¡Acertaron!..., ao mesmo candidato para presidente os dous partidos, a Durao Barroso, (o cuarto home da foto das Açores)...
Algún votante do PP imaxina unhas eleccións na Hespaña nas que sexa o que sexa o resultado, PP e PSOE xa estivesen previamente de acordo en que ían votar para presidente a Zapatero?...¡De tolos!...
Pois os votantes do PSOE, que pensen que iso é o que van facer, votar para presidente ao candidato do...
¡¡¡Partido Popular!!!


0 Comments:
Enviar um comentário
<< Home