2005/10/07

Sobre a tramitación nas Cortes do proxecto de Estatut de Catalunya.

Coido que si é certo o que dixo Rajoy de que algúns "barons" do PSOE están a negociar co PP o "desencarrilamento" do Estatut as costas do PSOE para darlle unha coitelada a Rodríguez Zapatero e ao PSC...
Primeira proba: A moción consensuada entre o presidente de Castilla-La mancha e o PP. (Está claro que iste presidente é un peón de Bono e se trata da mover a silla de Rodríguez Zapatero para facilitar a chegada de Bono a cúpula do PSOE nun novo intento, xa que non o pudo conquerir a primeira).
Penso que a actitude anticatalana e xenófoba do PP, dos medios de comunicación madrileños e do PSOE mais carca, (Guerra, Rodríguez Ibarra, Bono, e, por desgracia, incluso en parte o noso presidente Pérez Touriño que o menos malo que podía facer era calarse como un peto e o mais noble sería apoiar a Maragall), vai a conducir a unha reacción lóxica de autodefensa da sociedade catalana e o final da historia vai ser un auténtico divorcio de Catalunya e España, e así imos a unha situación que no mellor dos casos vai ser á checoslovaca e no peor á iugoslava...
Se eu fora catalán, oindo o que se oe e leendo o que se lee, renegaría de España...
Non pode ser que estén pagando e contribuindo ao conxunto, e por riba teñan que aturar os insultos dos esmolantes, (o caso de Rodríguez Ibarra é paradigmático).
Obxetivamente, o nivel de vida e de prestación de servizos en Catalunya sería moito mellor si Cataunya fora un estado independente dentro da UE que o que é formando parte de España..., e ainda así seguiría a ser contribuinte neto a aportado fondos solidarios, pero xa con toda Europa, como o son Holanda, Bélxica, Alemania, Dinamarca, Suecia, etc..., e non soio coas zonas deprimidas do Estado Español como fai agora...
A realidade e que Catalunya ten unha sanidade pública moito peor da que podería ter, ten soio autopistas de peaxe e mais deficiencias polo estilo, e iso é así para que boa parte de España poida permitirse ter autovías gratuitas, AVE, unha sanidade e un sistema de pensións superior ao que pode permitirse cos seus soios recursos, etc..., e por riba teñen que aturar en versión "aggiornada" aquelo de "Pujol, enano, habla castellano".
Moitos cataláns de orixe inmigrante, sinaladamente andaluza, cabreanse e descubren a sua "catalanidade", cando, nas súas vacacións de camiño as vilas dos seus antepasados, percorren as terras de Castela e Andalucía en interminabeis autovías gratuitas, pagadas cos seus impostos, e a diario teñen que facer cola nas peaxes das autopistas de acceso a Barcelona dende as vilas do seu hinterland para ir a traballar, a estudar, etc...