2011/11/02

VIVA GRECIA!!!


Por moito que foda aos mercados:

¡¡¡ VIVA GRECIA !!!...

Papandreu ten os collóns que fallaronlle ao "castrati" de Zapatero e qo "maricomplejines" de Rajoy de convocar un referendum e preguntarlles aos ciudadáns se queren vivir de xeonllos chupandolle a polla aos mercados o mandalos directamente a tomar polo cu...

E o sinto se son groseiro, pero a cousa non está para andarse con exquisiteces da linguaxe...

Ou como di Vergara en Público:

Etiquetas:

2011/10/07

EN DEFENSA DO PLURALISMO DEMOCRÁTICO!

Un asunto importante, onte Rajoy dixo que reduciría o número de deputados a 300, (o mínimo que establece a Constitución), e non nos enganemos, iso é que o PP está preocupado polas enquisas que din que van medrar moito os partidos minoritarios no Congreso e ista lexislatura vai ser moito mais plural e plurinacional, con isa medida quere impedir que no futuro teñan presenza parlamentaria outras alternativas, isto vai impedir ou restrinxir moito a presenza practíca de partidos distintos de PP ou PSOE e facilitar a obtención de maiorías absolutas.
Isto é xusto o contrario do que pídese dende a rúa...
Está clarísimo que Rajoy e o PP non temen ao PSOE, (no fondo consensuan as grandes cuestións como a reforma constitucional, a confiscación do aforro popular das caixas de aforro e a súa entrega á gran banca, o escudo antimísiles, as guerras de Afganistan ou Libia...), o que temen de verdade é as alternativas que poidan xurdir dende a sociedade, dende as distintas nacións, dende a esquerda, dende movementos alternativos, dende o ecoloxismo, etc...
Baixo o falso pretexto do aforro, na vez de suprimir as institución nas que hai consenso sobre a súa inutilidade e que nembargantes permiten aos grandes partidos manter redes clientelares e pagar salarios aos seus “stafs” ou xubilacións douradas aos seus “ex”, como son o Senado, (tan ben descrita niste video, e niste outro, a súa inutilidade polo senador do BNG Xosé Manuel Pérez Bouza, as deputacións provinciais, (auténticos niños antidemocráticos de ineficiencia, nepotismo e caciquismo), ou de traballar na fusión comarcal de concellos na liña que proposta por todos os expertos e como se leva facendo na maioría dos países europeos.
O PP o que quere facer é suprimir o pluralismo e a democracia participativa e plural, calando para elo as voces discrepantes ou alternativas nas institucións e mantendo ao tempo todos os postos posibeis para os seus enchufados e as redes clientelares e caciquís que permitan a sua perpetuación no poder...

TEMOS
QUE PARALOS!...
NIN UN VOTO PARA O PP NIN PARA O PSOE!!...
NA GALIZA VOTEMOS BNG COMO ÚNICO XEITO DE FACERLLES FRONTE!!!...

Etiquetas:

2011/08/31

Reflexión sobre ista reforma constitucional tan urxente...

A) A comenencia da limitación do défit público é un concepto discutido e discutible, por si mesmo non ten necesariamente que agredir o Estado do Benestar, pode que si, ou pode que non, depende das circunstancias e do gobernante de turno...

B) O que fai necesariamente a limitación do déficit público é impedir as grandes inversións, polo tanto dificulta o desenvolvemento, especialmente o das infraestructuras públicas, e o crecemento económico...

C) O poñer o límite do déficit na Constitución non garante para nada o seu cumprimento, e mais ainda adiandoo para o 2020..., e en todo caso hai contabilidade creativa, enxeñeiría financieira, etc..., tamén a Constitución garante o dereito ao traballo, a vivenda digna, prohibe o mandato imperativo dos parlamentarios... e estamos como estamos...

D) O que si fai a reforma proposta para o artigo 135 da Constitución e dar "prioridade absoluta" ao pago da débeda pública e os seus xuros por todas as administracións...

E) Como C) non obriga nin garante nada ate 2020 e ainda así con reservas, e D) obriga dende Xa!, é perfectamente posible, e sumamente probable, que dende hoxe ate 2020 o Estado Español incurra en default, (creba, bancarrota, insolvencia, etc…), co que como D) será de aplicación inmediata, (o pago é esixible polos acreedores diante dos tribunais), e..., disa nin pensións, nin soldos de funcionarios, primeiro son os cartos dos bancos e fondos alemáns, franceses, chineses, etc...

F) Conclusión, démonos por fodidos, especialmente os que cobran das administracións..., (de calquera, ainda que isa administración concreta, concello, deputación ou comunidade autónoma, esté saneada), si a débeda a ten o Estado, a prioridade de cobro dos investidores está por diante das trasferencias ordinarias do Estado as outras administracións, (concellos, deputacións ou comunidades autónomas),...

Iste é o verdadeiro problema dista reforma, en caso de naufraxio, nada de nenos e mulleres primeiro, os primeiros en ocupar os botes, os investidores en débeda pública…

Teñen que estar moi mal as contas públicas para que os apoderados, (Zapatero e Rajoy), teñan que poñer por contrato que van pagar ao prestamista incluso por diante de que coman os españois…

Eu polo si ou polo non quero a Independencia da Galiza e que ista Constitución non me afecte…

2011/05/04

A involución democrática..., o caso de Arzúa...

A conta da inadmisión a trámite polo Tribunal Constitucional do recurso de amparo presentado polo Bloque contra a resolución xudicial que, a pasada semana, confirmara a súa vez a resolución da Xunta Electoral de Santiago para declarar “inelixible” ao alcalde de Arzúa, Xaquín García Couso, en función dunha denuncia presentada polo PP, quero trasladar as seguintes reflexións:

Paréceme preocupante o conxunto de modificacións lexislativas que co pretexto da loita antiterrorista, vanse introducindo subrepticiamente no marco legal..., tanto as introducidas para o caso especificamente vasco como as que afectan a iso que se da en chamar "terrorismo internacional".
E dende as incomodidades para viaxar ou subirse a un avión, aos problemas que o control de explosivos causa en moitas actividades económicas, (niste intre é practicamente imposible facer unha voadura nunha obra pequena), ata efectos insospeitados no réxime electoral como que resulte que o actual alcalde de Arzúa sexa inelexible ao aplicar a un asunto un tanto absurdo unha modificación da lei electoral pensada para inhabilitar cargos relacionados con Batasuna.
Quero dicir que aplicando con moito rigor e descontextualizando, a Lei de partidos e as reformas da Lei electoral, aposto a que serían inelexibles moitos candidatos do PP e do PSOE...
Por sistema todos os alcaldes do país desobedeceron ou deron largas a sentenzas de derrubo de edificios, (A Coruña co edificio de Fenosa ou as torres de detrás do Coliseum, Vigo cos múltiples edificios con orde de derrubo, Ourense tamén ten algunha sentencia así, e seguimos)...
O que quero denunciar e que a lexislación antiterrorista é excesiva e ten efectos indesexables incluso para xentes polas que nunca pasou a idea de que poidera afectarlles... E que é demencial que teña efectos mais graves ista condea a seis meses de inhabilitación e ainda non firme, (que insito, se trata da non execución do derrubo dunha obra ilegal feita fai vinte anos baixo mandato do PP, e o alcalde actual e condeado por non executar unha sentencia que xa fora dictada con anterioridade a sua chegada ao concello, e si fixo cousas para executala, ainda que seguramente a desgana, pero convocou procedemento para contratar a empresa que fixera a demolición, e iste quedou deserto por non interesarlle a ningunha constructora), que os que poideran ter outras sentencias non firmes por delitos mais graves, (narcotráfico, fraude, roubo, etc...), pensemos por exemplo en Telmo Martín e os cobros ilegais da súa constructora.
Imaxinemos que Negreira gañe agora a alcaldía da Coruña, (Deus non o quera), e que se atopa coa sentenza de derrubo do edificio Conde de Fenosa, e vaia o PSOE, (que foi niste caso quen dou a licenza, concretamente foi Moreda), e o denuncie por non executalo derribo... e condenen e inhabiliten como inelexible as próximas a Negreira aplicando unha normativa antiterrorista... kafkiano, non?... Pois perfectamente posible, é o mesmo caso no que se atopa hoxe o alcalde de Arzua por unha denuncia do propio PP...
Pois a prepararse, porque os alcaldes que saian nistas eleccións van ter moi dificil poder presentarse a reelección, pois todo Deus vai rematar por facer o mesmo, e xa digo que case todos os concellos teñen casos semellantes, así que ou ben se pasan un mandato tirando obras con toda a conflictividade veciñal que supón botar a familias a rúa que na maioría dos casos non son os responsables da ilegalidade, xa que limitaronse a mercar un piso que tiña licenza, ou ben van ser todos condeados e inhabilitados en base a unha norma "antiterrorista"... Queda claro o absurdo e grave da situación?...





Etiquetas:

Ver eiquí­

2011/05/03

Sobre a ilegalización de Bildu... e a do PP?...

Unha preguntiña inocente dun probe ignorante, teño entendido que todos os candidatos de Bildu asinaron unha declaración rexeitando a violencia, e pese a elo a xustiza ilegalizou a coalición e anulou todas as súas candidaturas...

En base as seguintes declaracións de Mayor Oreja:

¿Por que vou ter que condenar eu o franquismo se houbo moitas familias que o viviron con naturalidade e normalidade? Na miña terra vasca houbo uns mitos infinitos. Foi moito peor a guerra que o franquismo. Algúns din que as persecucións nos pobos vascos foron terribles, pero non deberon selo tanto cando todos os gardas civís galegos pedían ir ao País Vasco. Era unha situación de extraordinaria placidez.
Non habería que ilegalizar ao PP e anular todas as súas candidaturas?...

Facer apoloxía do franquismo e negarse a condealo non debería equivaler a facer apoloxía de ETA e negarse a condeala?...

Eu penso que o PP non é un partido democrático, nin no seu funcionamento interno, (o seu liderazgo é por nomeamento a dedo e non por elección dos seus militantes, Rajoy foi o designado por Aznar), nin na súa práctica política, (insistir na ilegalización de candidaturas compostas por persoas absolutamente limpas como no caso de Bildu, ou eliminar torticeramente a rivais políticos mediante triquiñuelas legais como no caso de Arzúa)..., polo tanto o PP penso que está fora do marco constitucional e debería ilegalizarse...

Etiquetas:

Ver eiquí­

2011/03/21

REFLEXIÓN PERSOAL SOBRE A PARTICIPACIÓN ESPAÑOLA NA GUERRA DE LIBIA

Unha consideración xurídica sobre a intervención de avións españois nos ataques a Libia…

Polo que teño entendido, pese a autorización da ONU, as forzas españois destacadas nesa misión non están postas a disposición directa do ONU e baixo o seu mando, nese caso seguen baixo mando militar español e do goberno, logo quero facer a seguinte consideración encol do Presidente do Goberno, a Ministra de defensa, os mandos militares e as tropas directamente intervintes, (pilotos e artilleiros navais), o problema é que incumpriuse o artigo 63 da Constitución, e probablemente incurriuse nos supostos contemplados nos Títulos XXIII e XXIV do Código Penal…

Como se poden destinar efectivos militares, (avións ou buques), a realizar accións ofensivas que poden causar víctimas en territorio estranxeiro sen a previa formalidade constitucional de declaración de guerra?, (e sen a autorización do estado afectado)…

Si un avión español pilotado por un militar español tira unha bomba en Libia, soo pode ser por dúas razóns, ou é unha acción de guerra contra Libia, para o cal se incumpriron os tramites constitucionais e polo tanto o goberno que o ordenou delinquiu…

Ou non é unha acción de guerra, entón está claro que tirar unha bomba contra territorio estranxeiro para causar danos ou matar persoas sen estar en guerra, é un atentado terrorista, e polo tanto tanto o executor, (piloto ou artilleiro), como quen o ordenou, cometeron un acto de terrorismo perseguible pola xustiza…

Insisto, Zapatero, delinquiu…, si xogamos dentro das regras da Constitución, xogamos con todas, e si val para anular disposicións dos estatutos votados polo pobo, para ratificar a ilegalización de partidos e outros asuntos tan caros a centralistas e autoritarios, digo eu que tamén valerá para o procedemento formal de declarar unha guerra, non?…

Etiquetas:

2011/02/12

Na Costa da Morte, febreiro de 2011

Non canta na Chá ninguén,
por éso, meu carro canta,
canta o seu eixo tan ben
que a señardade me espanta.
Non hai canto tan fermoso:
fino coma un asubío,
anque é, as vegadas, saudoso
faise no ar rechouchío.
O meu carro é cerna dura:
sábese carballo e freixo.
Qué fermosa e a sua feitura!
Qué lixereza a do eixo!As cousas vanse aledando
por onde meu carro pasa.
Carrétame herba pro gando!
Traime a colleita pra casa!

Etiquetas:

Ver eiquí­