2011/08/31

Reflexión sobre ista reforma constitucional tan urxente...

A) A comenencia da limitación do défit público é un concepto discutido e discutible, por si mesmo non ten necesariamente que agredir o Estado do Benestar, pode que si, ou pode que non, depende das circunstancias e do gobernante de turno...

B) O que fai necesariamente a limitación do déficit público é impedir as grandes inversións, polo tanto dificulta o desenvolvemento, especialmente o das infraestructuras públicas, e o crecemento económico...

C) O poñer o límite do déficit na Constitución non garante para nada o seu cumprimento, e mais ainda adiandoo para o 2020..., e en todo caso hai contabilidade creativa, enxeñeiría financieira, etc..., tamén a Constitución garante o dereito ao traballo, a vivenda digna, prohibe o mandato imperativo dos parlamentarios... e estamos como estamos...

D) O que si fai a reforma proposta para o artigo 135 da Constitución e dar "prioridade absoluta" ao pago da débeda pública e os seus xuros por todas as administracións...

E) Como C) non obriga nin garante nada ate 2020 e ainda así con reservas, e D) obriga dende Xa!, é perfectamente posible, e sumamente probable, que dende hoxe ate 2020 o Estado Español incurra en default, (creba, bancarrota, insolvencia, etc…), co que como D) será de aplicación inmediata, (o pago é esixible polos acreedores diante dos tribunais), e..., disa nin pensións, nin soldos de funcionarios, primeiro son os cartos dos bancos e fondos alemáns, franceses, chineses, etc...

F) Conclusión, démonos por fodidos, especialmente os que cobran das administracións..., (de calquera, ainda que isa administración concreta, concello, deputación ou comunidade autónoma, esté saneada), si a débeda a ten o Estado, a prioridade de cobro dos investidores está por diante das trasferencias ordinarias do Estado as outras administracións, (concellos, deputacións ou comunidades autónomas),...

Iste é o verdadeiro problema dista reforma, en caso de naufraxio, nada de nenos e mulleres primeiro, os primeiros en ocupar os botes, os investidores en débeda pública…

Teñen que estar moi mal as contas públicas para que os apoderados, (Zapatero e Rajoy), teñan que poñer por contrato que van pagar ao prestamista incluso por diante de que coman os españois…

Eu polo si ou polo non quero a Independencia da Galiza e que ista Constitución non me afecte…