2005/12/18

Documento que está a circular por Camelle iste Nadal:

Transcribo unha carta que o responsable local do BNG no Concello de Camariñas distribuiu entre os veciños co gallo do terceiro cabodano do pasamento de Man, (o alemán de Camelle).

Carta aos veciños de Camelle do responsable local do BNG no Concello de Camariñas.

Estimado/a veciño/veciña:

Con motivo do terceiro Aniversario da morte de Man dirixímonos a tí para informarte das novas que hai sobre o seu legado artístico, cultural e turístico.

O Concello de Camariñas recibiu diversas doazóns para a conservación da obra de Man, que aproximadamente rondarían as seguintes cantidades:
Consellería de Cultura: 354.000 Euros.
Galería Argos, (Vigo): 6.000 Euros.
29 artistas das Illas Baleares: 52.000 Euros.

A istas cantidades engadiríanse os cartos que tiña o propio Man.

Todos istes fondos foron desviados para costear a construcción da Casa da Cultura de Camelle no lugar de empregarse na rehabilitación e mantemento do museu-xardín deixado por Man.

Día tras día podemos ir vendo como o principal referente turístico de Camelle vaise deteriorando pola acción do tempo, da xente sen escrúpulos e, como non, da incompetencia das actuais autoridades municipais, e isto non é unha cousa illada xa que podemos ver tamén outros exemplos de abandono municipal, (o estado no que se atopa o paseo marítimo de Camelle, o complexo de Aldea Madeira en Brañas Verdes onde se levan enterrados moitos centos de miles de euros para que medren os toxos e non tirarlle ningunha utilidade, a mesma lonxa de Camariñas, os moitos anos que estivo derruido o polideportivo da Ponte, en xeral o abandono de todo o mobiliario urbano do Concello).
Non pensamos que sexa o xeito máis axeitado de financiar unha instalación imprescindible para Camelle como é a Casa da Cultura, que é algo de competencia propiamente municipal, a costa doutra inversión tan trascendente como é a conservación da obra de Man, que tanta sona lle dou a Camelle e é o seu principal reclamo turístico. Ista actuación é a consecuencia dunha pésima xestión municipal.

Como conclusión, os esforzos e cartos destinados para manter o legado orixinal de Man están a ser desviados a Casa da Cultura que tiña que ser financiada cos cartos municipais, e isto coidamos que podería chamarse con propiedade “malversación”.

Dende o BNG estamos a traballar intensamente e a facer xestións diante da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia para evitar a destrucción do legado artístico de Man.

Esperando que a nosa labor dé un froito satisfactorio respecto a conservación do legado de Man, desexámoslles un bo Nadal e un próspero aninovo, e agasallámoslles cunha participación de 10 céntimos no número 55.452 da Lotaría do Nadal do 2005.

1 Comments:

Anonymous Anónimo said...

That's a great story. Waiting for more. »

1:19 da manhã  

Enviar um comentário

<< Home