2005/09/15

Sobre o concepto de “nazón” no actual Estado Español.

Iste comentario ven a conto do lapsus linguae da Presidenta da Comunidade de Madrid encol de que era unha má nova o posible traslado de sé da empresa ENDESA fóra de territorio “nacional”, (dende Madrid a Barclona)...

Ben, Madrid, obviamente non é unha nazón, agora ben, existe unha nazón "castellana" que comprende a Madrid, (a capital actual da mesma), dende o meu punto de vista ista nazón se extende comprendendo integramente as actuais comunidades autónomas de Madrid, "Castilla-La Mancha" e as provincias da antiga rexión de "Castilla la Vieja". Ademais se extende polas "fronteiras", "marcas" ou "extremaduras", (istas tres expresións de orixe medieval teñen o mesmo significado, o de territorio fronteirizo e en fase de conquista ou disputa nos límites das nazóns), que constitúen as actuais comunidades de "Cantabria", "La Rioja", parte de "Aragón", unha pequena parte do o antigo reino de "Valencia", "Murcia", "Extremadura" e boa parte do antigo reino de León.
Hai tres comunidades actuais das que non teño claro si son nacións ou non, (serían entón "extremaduras" ou colonias), que son "Asturies", Andalucía e "Islas Canarias", así como tamén podería ter algunhas características de nazón o antigo reino de León.
Está claro que si son nacións Galiza, (que inflúe parcialmente sobre zonas de Asturias e do antigo Reino de León), Euskadi, (composto no estado español por catro dos seus territorios históricos), e que algunha influencia ten sobre as "extremaduras" de Cantabria, "Castilla", "La Rioja" e incluso "Aragón", e a súa vez ten zonas de "Araba" e "Nafarroa" influenciadas pola nazón "castellana", e é nazón, (ou conxunto de nazóns estreitamente irmáns), os "Paisos", ("Catalunya", "Valencia", "les Illes" e "Aragó"), tendo en conta que gran parte de Aragón e parte de "Valencia" son extremaduras influidas por "Castilla".
Ben, isto pode que non sexa moi riguroso nin ortodoxo, pero é como eu vexo o actual estado Español.
Por certo, a relación Galiza-Portugal e para mín tan complexa como a de "Catalunya-Valencia".