2005/11/06

Sobre a destrucción da Costa Galega.

Para escomenzar direi que a nivel persoal, eu desconfío moito de Greenpace, e a experiencia ensina qure isa corporación actúa moitas veces ao servizo de intereses concretos, (intereses comerciais transnacionais e sobre todo de corparacións "angoxasonas"), así que os informes dista entidade publicados recentemente nos que denuncia a destrucción da costa galega, poden ser un dato... para mirar con moito ollo e sabelo interpretar..., non podemos caer no papanatismo de engaiolarnos cos abalorios "ecoloxistas" de Greepace...
A costa galega, ao igual que o resto do territorio, ten problemas medioambientais e de sostibilidade, (de calquer xeito moito menores que os da costa mediterránea española)...
A fonda humanización do litoral, (moito maior e moito mais antiga na Galiza que no resto do estado español), é o que explica que por exemplo como publica hoxe un xornal como "La Voz", a costa galega está mais "humanizada" en promedio que a do Mediterráneo, pero ista tradición de ocupación da costa fai que a interdependencia home-natureza da costa galega teña un conxunto de experiancias da mutua interacción que son moi úteis para a lóxica evolución do sistema.
Sí é certo que nos últimos tempos se produciron algús feitos que alteran iste equilibrio, pero iste desequilíbrio penso que non se deriva do Plano Galiza nin da "recuperación do litoral" tralo Prestige...
Penso que as causas dise desequilibrio son fundamentalmente dúas:
1º Unha inadecuada xestión dos fondos provintes da Unión Europea, os cales se adicaron, (penso que por razóns moi "escuras"), a intervencións calificadas de "medioambientais", (paseos marítimos e recuperación de arenais), que eran totalmente inaxeitados tanto para o medio ambiente como para o desenvolvemento autocentrado de Galiza.
2º Un troco do modelo poboacional e económico do litoral galego, pasando dun modelo tradicional de asentamento poboacional permanente que explotaba os recursos naturais, (pesca, marisqueo, actividades industriais ligadas ao mar como conservas e asteleiros e as consecuentes aglomeracións urbanas e rurubanas ligadas a explotación distes recursos), a un novo modelo baseado no turismo, nas urbanizacións de segunda residencia, e a aparición de novas poboacións sobredimensionadas, con moi pouca poboación pero consumidoras de grandes cantidades de servizos e infraestructuras para utilizarse soio en xullo e agosto, (Sanxenxo e o Grove poden ser o paradigma, pero tamén iste fenómeno é importante na marxe sur da Ría de Vigo, en Cangas e Bueu, na Costa da Morte, na zona de Oleiros-Sada-Bergondo-Miño-Ares, e na Mariña lucense).
En canto a teima coa acuicultura e o impacto das plantas acuícolas de novo deseño, é certo que se están a facer barbaridades, (para min a mais gorda e a do Cabo Vilán), pero Galiza leva moito tempo sabendo integrar as actividades marisqueiras, pesqueiras, acuicolas e industriais no litoral, e historicamente, ate o de agora non o fixemos moi mal, dende o castro de Baroña e os seus cuncheiros ate os polígonos de bateas mexilloneiras, pasando polos muiños de marea que inzan as nosas costas, a ruinas das fábricas de salazón, logo as conserveiras, etc..., así que tampouco hai que caer nise papanatismo e autoodio, hai que ser conscentes de que os galegos sabemos facer ben as cousas, (moito mellor que outros), e o problema é que non podemos deixar os nosos recursos en mans alleas, (para iso é importante o tema dun Estatuto de nazón para Galiza), porque mais incompetencia no tema do litoral que a amosada polos sucesivos gobernos españois é difícil atopala, vesaxe por exemplo os temas dos paseos marítimos malgastando os fondos europeos que levou a cabo Costas do Estado, o tema dos desenvolvementos turísticos qu naceron no tardofranquismo da man do ministerio de "Información e turismo" co españoleiro Fraga, e da acumulación descordinada de "portos exteriores inútis" que preconiza Fomento en complicidade co mais rancio españoleirismo de Galiza, (Paco Vázquez e Juan Juncal)...

2 Comments:

Blogger Roberto Iza Valdés said...

Este comentário foi removido por um gestor do blogue.

10:44 da tarde  
Anonymous Anónimo said...

Fagamos algo. Todos. Tódolos días contra os depredadores inmobiliarios e o neo-liberalismo.

10:15 da manhã  

Enviar um comentário

<< Home