2005/09/23

UNIÓN ELÉCTRICA FENOSA, ¡¡¡Intervención da Xunta xa!!!...

¿Pero a Xunta non ten que decir?...

Nunha economía de mercado as empresas son libres de mercar e vender as súas accións e manexar o seu capital, pero...

Imos ver, que eu saiba as empresas eléctricas funcionan fundamentalmente a base de concesións..., (eu non podo montar unha electrica pola miña conta e porme a competir coas existentes nun libre mercado, para escomenzar non teño o dereito de uso dos ríos que ten concedido Fenosa, ou Iberdrola, ou Endesa, ou, na miña comarca, Ferroatlantica).

As empresas teñen concesión de caudal dos ríos nas centrais hidroeléctricas, concesión de potencia nos plans electricos, concesión de ar para as eólicas, concesións de terreos e de dereitos de voo para as liñas, etc...

Algunhas concesións son estatais, (os saltos do Miño por exemplo), outras son municipais, (as liñas de distribución local), pero o groso son de competencia autonómica, e entón, ¿non ten competencia o ente que otorga a concesión sobre calquer troco significativo do concesionario?...