2005/09/24

Posibles intervencións sobre FENOSA:

Na miña opinión o poder galego ten moito que decir sobre a compra de UNIÓN FENOSA...

Por exemplo, as centrais hidroeléctricas teñen a obriga de manter un caudal ecolóxico permanentemente nos rios, isto na práctica e moi flexible e se incumple sistematicamente según as necesidades das puntas de producción, (moitas centrais pechan nas "horas val" acumulando auga no encoro para producir mais nas "horas punta", cando a enerxía ten un valor catro veces maior)...

Pois ben, a Xunta pode ter unha vixiancia moi intensa e un réxime sancionador dilixente ou mais relaxado en función, por exemplo, do domicilio social da empresa titular e de onde paguen os impostos ou onde teñan o posto de traballo e o domicilio os altos executivos da empresa...

¿Que tal comportamento ronda o delictivo, é prevaricación e semella o típico compartamento mafioso?..., pois claro, pero, ¿non son Botín, Florentino, Ortega, Polanco, Alierta, etc... os Al Capone diste tempo e iste lugar?...

¿Non se lembra como nunha conversa Cascos e Miguel Angel Rodríguez forzaron a Asensio a venda de A3 a Telefónica para crear un grupo mediatico do goberno do PP?..., (que logo fracasou por mala xestión e malos profesionais)...

Pois iso, que o BNG simplemente aprenda algunhas cousas útiles do propio Aznar...