2006/01/15

Algunhas ideas sobre a lingua... (sen moitas pretensións).

O galego e unha lingua claramente emparentada co portugués, pero actualmente con certas diferencias, incluso con variedades dialectais dentro dela e cunha forte fonética castelanizada, polo menos nos medios públicos e nos ámbitos "cultos", (estou a falar da lingua falada, pois a escrita está claro que é unha norma sempre arbitraria en calquer lingua)...
Exemplo:
en Galego:
Eu vivo nunha vila da Costa da Morte
Eu bibo nuna bila da Kosta da Morte
Eu vivo nuña vila da Qosta da Morte
etc...
en Castelan:
Yo vivo en un pueblo de la Costa da Morte
Io bibo en un pueblo da la Kosta da Morte
Llo vivo en un puevlo da la Qosta da Morte
etc...
É decir, a norma escrita é arbitraria e tanto pode ser unha coma outra, todo depende da que adopte a autoridade capaz de incentivar o seu uso e reprimir as discordantes, (claramente autoridades económicas que repartan subvencións ou merquen ou financien publicacións, e autoridades académicas que concedan ou validen titulacións para o exercicio profesional).

Por razóns prácticas, ideolóxicas e de opción persoal, (o de que me peta, e quero, e dame a gaña que dixo Celso Emilio), eu son partidario de que as autoridades competentes fagan o posible por favorecer unha progresiva achega do padron oral e escrito do galego ao portugués, sin imposicións bruscas que poidan xerar un excesivo rexeitamento.
¿Como?...
Pois introducindo falantes de portugués nos medios galegos, (actores, presentadores, xornalistas, cantantes, na tvg e na rag, e incentivando a sua aparición nos medios privados). Estimulando a difusión dos medios sonoros lusos no territorio galego, (cine, discos, tv e radio)...
E ao tempo, ir tamén introdcindo sucesivas reformas no padron da escrita que a vaian achegando ao Portugués, (cosa que coido que a RAG xa vai facendo, cecais moi paseniñamente).

Outro tema, dende unha certa fé escéptica que profeso por Europa, son partidario da adopción polo Parlamento Europeo dunha lingua franca europea, de ensino obrigatorio como segunda lingua no territorio da Unión e co rango de cooficial en todo ise territorio.
Por razóns tamén ideolóxicas e de opción persoal, (volto ao de que me peta, e quero, e dame a gaña de Celso Emilio Ferreiro), coido que isa lingua franca non debería ser o inglés, por diferenciación cultural de USA, e que polo tanto tería que escollerse entre o Francés, (como opción latina), ou o Alemán, (como opción xermánica).

Como corolario do exposto, de que a lingua franca europea tería que ser de ensino obrigatorio como segunda lingua dempois do idioma propio e con rango de cooficial en todo o territorio da Unión, está claro que a situación resultante na Galiza sería que teríamos un idioma propio, oficial e primeira lingua de ensino, a cal sería, ben o galego ou ben, no caso de que a evolución cara a converxencia co portugués estivera xa moi avanzada, a variante galega do portugués, e unha segunda lingua de ensino e cooficial, que sería a adoptada como lingua franca europea, quedando o castelán como lingua propia do territorios ibéricos que a teñen como tal nas súas distintas variantes dialectais, e no caso da Galiza, sería unha terceira lingua de aprendizaxe voluntario e de caracter non oficial, cun status semellante a autras linguas, europeas ou non, de importante difusión internacional, (como o inglés, o árabe, o chinés, o ruso, etc...).

Dixit.

1 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Bastante dacordo cas tuas predicions e desejos.

6:02 da tarde  

Enviar um comentário

<< Home