2009/03/18

¿Sabe Galicia-Galiza bilingue o que pide?

A presidenta de Galicia Bilingüe quixo recordar hoxe en Vigo unha a unha as promesas realizadas en campaña electoral por Núñez Feijoo. Indicou que o líder popular comprometeuse á posta en marcha dunha política lingüística sen imposicións, a consulta aos pais no sobre de matrícula do curso 09/10 da lingua en que queren que os seus fillos reciban o ensino das materias troncales, e a implantación da liberdade de idioma nas escolas de tal forma que os estudantes poidan utilizar o da súa elección na súa expresión oral e escrita, así como na realización de exames en todas as materias.


Ben, ¿son conscentes en "Galicia-Galiza bilingue" do que implica a súa proposta?...
A segregación por opción de lingua dos rapaces conducirá ao longo a unha segregación social en duas comunidades, co tempo teremos colexios galegos e colexios casteláns, barrios galegos e barrios casteláns, hospitais galegos e hospitais casteláns, e iso rematará nalgún tipo de conflictividade...
As lecións históricas non son nada alentadoras, véxase os casos de Bélxica, Chequia, as repúblicas bálticas...
¿Non sería mellor unha educación bilingue para todos?, (trilingue se queremos incluir o inglés)...
¿Que ventaxa real van ter os castelanfalantes en non estudar e desenvolverse en galego?...
Porque os galegofalantes van aprender castelán igual, xa que ainda que na escola soio reciban en castelán as aulas de lingua castelana, o aprenderán e practicarán cando vexan tv, vaian o cine, lean a prensa ou libros técnicos, etc..., nembargantes, os castelanfalantes non dominarán o galego, xa que soio terán as aulas obrigatorias dista lingua, pero na práctica non o usarán fora dise ámbito.
Ao final, os castelanfalantes estarán en desventaxa para acceder a función pública, pois supoño en que os "bilíngues" concordaredes en que para servir a unha sociedade con dúas comunidades linguísticas, os funcionarios teñen a obriga de dominar as dúas linguas, co cal sempre estarán en ventaxa os galegofalantes, que dominarán as dúas, namentres que os castelanfalantes, non, e como exemplo volto a remitirme ao caso belga, onde os flamencos si saben francés, pero os valóns non dominan o flamenco...
¡Claro!, a non ser, que ben pretendades que existan duas administracións, dúas xustizas, dous sistemas sanitarios e educativos, etc..., distintos, (un para castelanfalantes e outro para galegofalantes), ou ben que na práctica os galegofalantes perdan o dereito a ser atendidos na súa lingua, para que os castelanfalantes poidan acceder a función pública sin dominar o galego oral e escrito, sendo isto último o que sospeito que na práctica pretende Galicia-Galiza bilingue...
Ver eiquí­