2008/03/10

Balance das eleccións...

Sin estar moi contento, polo menos o BNG salvou os mobles, medrou un pouquiño en votos e porcentaxe e mantivo os seus dous deputados sen que ao tempo haxa no parlamento do estado unha maioría absoluta que os faga precindibeis.
Penso que o BNG debería ter unha suba algo maior da que tivo, pero houbo unha campaña estatal totalmente bipartidista, virando arredor dos supostos debates Zapatero versus Rajoy, e para remate cun fin de campaña e unha xornada de reflexión coa presencia en todas as televisións do PSOE, e en menor medida do PP, a conta do atentado do venres, con imaxes e declaracións repetidas ate a saciedade de Zapàtero e outros líderes do PSOE, así como chamamentos masivos a participación dos editorialistas, que entre liñas se podían leer nuns medios como chamamentos a votar PSOE, e noutros a votar PP.
O BNG pode decir que obxetivamente foi a única forza nacionalista que resistiu a bipolarización subindo un pouco en votos e en porcentaxe, o que non é pouco, porque CiU subiu un deputado, pero se deixou 60.000 votos dende o 2004 e o PNV perdeu case 120.000 votos, soio Na Bai tivo un comportamento semellante ao do BNG...

¿Existe a posibilidade real de que nista ocasión o voto emigrante altere o resultado na Galiza?...

Iste post o escribo ainda a falla de escrutar o voto emigrante, o do Censo Especial de Residentes Ausentes, o famoso e discutido voto C.E.R.A., e que nista ocasión parece que na Galiza non vai ter ningunha incidencia.
Para que o BNG perda un escano polo voto do C.E.R.A., faría falla que en Pontevedra o PP tivera no voto C.E.R.A. 22.320 votos mais catro votos por cada un que obteña o BNG, sobre un censo nistas eleccións de 96.001 electores residentes ausentes, e cunha participación que nunca superou o 33%. Como nas xerais do ano 2004, o PP tivo en Pontevedra 17.327 votos no C.E.R.A. e o BNG tivo 987, e é de esperar que o BNG repita arredor dos 1.000 votos, o PP necesitaría obter uns 9.000 votos mais dos que tivo no 2.004, o que penso que é practicamente impoible.
No caso do escano de A Coruña, é totalmente imposible que o perda o BNG polo voto C.E.R.A., (o podería arrebatar o PSOE pero para elo precisaría obter mais de 75.000 votos no C.E.R.A. cando no 2.004 soio tivo 12.129 e o censo de residentes ausentes nistas eleccións é de 115.090 electores na circunscripción de A Coruña).

2 Comments:

Blogger David Muñoz said...

Mira que usar una lengua tan dulce y hermosa,como es el galego,para decir tantas caralladas o soplapolleces....

en fin,me he metido para,empleando la Lengua del Imperio que esa si que destila mala leche,mirar a ver si tenias alguna encuestiña colgada para devolverte el sufragio negativo,je,je....frustrado me quedé.......
carallo,me ha gustado eso de que cómo se puede ser gallego y del psoe,aunque esa interrogante es extensible a cualquier rincón del universo,jojojo.

From Serbia.david.

6:32 da tarde  
Anonymous Anónimo said...

Ola david muñoz,pois tes toda a razón cando dis que o galego é unha língoa doce e fermosa,(que asegún tí)pra dicir " caralladas e soplapolleces ",pero aperte diso,tamén,có galego (o noso idioma),sabemos respectar á xente,asi como , tamén facer crítica,sen "ghomitar" fora da taza, claro que ti fas coma un cura que coñecín,e dicía," es que la gente no debería ver esas peliculas que dan de noche ", ao que eu respostéille, ¿e como sabes tí que botan "esas peliculas" (neste caso eróticas)? porque daquela e que TÍ TAMEN AS VES,¿certo ou non?,pois íso se non che gosta, " dous pratos ",unha aperta,de un Socialista, e non do PsoE,deica logo

9:52 da tarde  

Enviar um comentário

<< Home