2008/02/17

Diante das eleccións do 9 de marzo


A miña opinión, independentemente de que convenza ou non, ou de que un sexa de ideoloxía nacionalista española ou galega, (no fondo nacionalistas o somos todos ou case todos, internacionalistas de verdade coñecín ben poucos), o voto ao BNG, non e que sexa o mellor, e que é a única posibilidade de voto na Galiza si o pensamos un pouco, vexamos:

Unha opción sería non votar ou votar en branco... Isa opción é falsa, os escanos, e o poder, repartense entre os partidos que teñan votos válidos, polo tanto quen non vote, ou vote en branco, o único que consigue e que outros decidan por el, xa que sempre haberá algúns que si boten, e ainda que foran poucos, eles decidirían o 100% do poder.

Outra, votar PP, (ou PSOE), votar Rajoy ou Zapatero..., ¿para que sirve iso?, para nada, para o mesmo que lles sirve aos de calquer outra parte, para facilitar o poder a un partido pretendidamente de dereitas ou de esquerdas, que con votos e os deputados que obteña eiquí defenderá intereses de "Estado", ises intereses que fan bascular o centro de gravedade económico e o das infraestructuras do Estado cara ao centro xeográfico, (Madrid), e as areas mediterraneas, ises que fixeron que a prioridade socialista fora levar o AVE a Sevilla, ou a prioridade Popular fora o Plan Hidrolóxico para levar auga a Valencia... e facer a terminal T4 en Madrid que consumiu todos os fondos europeus, que teoricamente tarían que adicarse as rexións menos desenvolvidas... e ademais a prioridade dos dous será negociar cos partidos que poidan para completar as súas maiorías insuficientes, co que terán que facer inversións a eito, ben en Cataluña para favorecer a CiU, ben en Euskadi para pagarlle ao PNV..., ben nos dous lugares.

¡Ben se viu no debate da TVG onde tanto Louro polo PSOE, como Rueda polo PP, fuxían de comprometer que os seus deputados elexidos polas circunscripcións galegas defenderan no Congreso as posicións, non do BNG, senon siquera as acordadas por unanimidade no Parlamento Galego!...

Polo tanto, a única posibilidade para Galiza e que cos votos de todos, ou polo menos, de cantos mais mellor, poidamos darlle algún deputado mais ao BNG, (sería posible conseguir un mais por Ourense un segundo pola Coruña se a xente que votou BNG nas municipais voltara a repetir o voto agora, e ademais estarían moi perto tamén ter un deputado por Lugo e outro segundo por Pontevedra)...

Porque todos sabemos, que fagao mellor ou peor, os deputados do BNG van ser os únicos que van defender os intereses galegos por riba dos intereses de Estado..., e que con eles é o único xeito de que en Ferrol poidan voltar algíun día a facerse barcos mercantes nos estaleiros hoxe parados, e que as obras do AVE e das autovías pendentes adianten algo, e que os aeroportos galegos poidan desenvolverse....
E dado o axustado que se pronostica o resultado entre PP e PSOE, ises deputados que conquira o BNG, (mínimo dous, pero moito mellor sería ter tres, catro, cinco ou seis), poden ser absolutamente imprescindibles e decisivos para gobernar, e así Galiza ter un peso equivalente ao que teñen Cataluña e Euskadi...

¿Entendedes porque por lóxica o único voto posible na Galiza e o voto ao BNG?...

Calquer outra posibilidade e simplemente estragar as posibilidades de desenvolvemento e prosperidade da Galiza e dos dous millóns e medio de galegos que vivimos eiquí...,

¡É perxudicarnos a nos mesmos!...