2008/03/03

Non podo entendelo

O que non entendo eu é que haxa galegos que sexan partidarios do PP ou o PSOE…
Galiza, nai e señora, que dixo Cuiña…
Galiza, miña nai, miña naiciña…
Galiza, tera nai…
Galiza, miña nai dos dous mares…
¿Se pode entender a un fillo que se poña de parte do maltratador da súa nai?…, algo falla cando hai votantes entusiastas do PSOE ou o PP, maltratadores da súa nai, Galiza, dende fai trinta anos, nos que levan chuchando dela votos, xentes, recursos, e dándolle paos a eito, amarrandoa na casa coa pata quebrada…
PP e PSOE, maltratadores da Galiza, e vemos a algúns dos seus fillos que apoian e adulan aos maltratadores da súa nai… aos que a luxan e aldraxan, e eles, entroques de avergoñarse e ocultalo, ¡¡¡ainda teñen a gala estar co maltratador!!!…
Como dixo Curros: Os teus fillos, ¿qué fan?…
¿En qué pensan?, ¿Onde están?…
O normal é que os que así actúan, o oculten, teñan vergoña e anden coa cabeza baixa e a mirada fuxida, ¡pero non, aquí ainda fachendean delo!…

2 Comments:

Anonymous Anónimo said...

O que non entendo eu é que haxa galegos que, como españois, sexan partidarios do BNG

1:40 da tarde  
Anonymous Anónimo said...

Xa que logo, sr. Prieto, o único que nos queda é deixar de sermos españois.

8:05 da tarde  

Enviar um comentário

<< Home