2008/12/22

¿É posible un bipartito PP-BNG?


Poñamos que o día das eleccións atopámonos cun resultado no que o PP ten unha maioría absoluta e no que o BNG queda por diante en votos do PSOE, (como pasou nas eleccións do 97 e do 2001)...

Poñamos que uns días dempois, co reconto do voto CERA que xa hoxe se da por feito vai ser para o PSOE, (según leín antonte no Xornal de Galicia e que o PSOE aspiraba a gañar dous deputados co voto da emigración arrebatandoos tanto ao PP como ao BNG e que contaba ter arredor do 70% dos votos que viñeran da emigración, deixando soio un 25% para o PP e o 5% restante a repartir entre o BNG e o resto), e sabendo o que se sabe, (as declaracións no xulgado de Mª. Isabel Blanco, as andanzas americanas de Cortizo ou Mª. Xosé Porteiro con cargo ao presuposto, etc...), conquire os votos e os escaños necesarios para que o PP perda a moiría absoluta e que o BNG quede por baixo en votos e escanos...

Nisas circunstancias, teoricamente e xuridicamente sería posible a reedición do bipartito PSOE-BNG, pero a pregunta é: ¿Sería posible politicamente?...

Si eso acontecera, eu non descartaría un bipartito de xestión PP-BNG..., (na miña opinión, sería imposible a opción de repetir as eleccións como fixeron en Madrid dempois do Tamayazo en tanto en canto non se modifique substancialmente o sistema electoral da emigración)...

2 Comments:

Blogger xOsedorrio said...

No suposto de que o PP perdese unha maioría absoluta polo voto emigrante, unha coalición PSOE-BNG estaría totalmente deslexitimada pola carencia de garantías no voto emigrante, recoñecida por tódolos partidos, agora ou antes.

Coalición PP-BNG? Iso, nas circunstancias actuais é imposible. O máis acertado sería un goberno do PP en minoría e, avanzada a lexislatura, unha vez Touriño e Quintana estén fora da aréa política, tentar a reedición dun novo bipartito con novas caras... sempre que se den as circunstancias especiais que require toda moción de censura.

xOsse

2:06 da tarde  
Anonymous Anónimo said...

A min xa non me estrañaría nada. Saúdos.

3:59 da tarde  

Enviar um comentário

<< Home