2009/01/13

¿E un pacto PP - PSOE?


¿Increible?...
Pois non sei, onte atopei na rede iste comentario nun confidencial da dereita.

En principio coido que vai ser moi complicado de cumprir, pois así como na Galiza ninguén dubida que a forza mais votada vai ser o PP, (ainda que sin maioría absoluta), en Euskadi a batalle é para que, contando que todos os votos que eran de HB se absteñan ou sexan nulos, o PSOE + PP conquiran unha maioría, pois ate o euskobarómetro, que é bastante prosocialista, recoñece que o mais votado vai ser o PNV, e, pese que o sistema de repartición de escanos beneficia a PP e PSOE ao dar os mesmos escanos a Araba que a Bizcaia e Guipuzkoa, pese a ter moitos menos habitantes, é case seguro que tamén terá mais deputados, co que o PP caerá nunha contradición a impedir gobernar ao partido mais votado, (que conste que o vexo posible)..., pero claro, o PP tería que dar apoio expreso ao PSOE para gobernar en Euskadi, é decir, votar a favor da investidura, o que probablemente conleve na práctiica a un goberno de coalición PSOE+PP fronte a todo o nacionalismo, (¿iso é aconsellable?)...

Por outra parte, si o PSOE ten a posibilidade de seguir gobernando na Galiza, ¿podería renunciar a elo e deixar gobernar ao PP en minoría?..., iso significaría renunciar non soio a gobernar, se non tamén a ser a alternativa da oposición, pois dempois diso xa podería esquecerse o PSOE, a alternativa ao PP claramente pasaría a ser o BNG...

Ademais, ¿onde quedaría a autonomía do PSOE na Galiza?..., en principio iste intercambio é politicamente imposible, salvo caso de verdadeira emerxencia, que dende logo polo de agora non se da.

Dende logo, si ao final o fixeran, coido que era o suicidio político do PSOE na Galiza..., ainda que ben é certo que tanto a Zapatero como a Rajoy, persoalmente, víñalles ben o conto...
Zapatero conquería darlle unha baza a Rajoy para que non lle movan a silla, (e a Zapatero convenlle un lider da oposición como Rajoy, sin posibilidades reais de gañar unhas eleccións xerais)...
Rajoy conquería de momento salvar o pescozo ao recuperar o goberno de Galiza...

Os dous bloqueaban a alternativa españolista de Rosa Díez, (que lles está a meter medo en Madrid)...

Ademais, hai un antecedente sospeitoso, a primeira victoria de Fraga se dí que foi facilitada polo propio PSOE, que deixou a González Laxe aos pes dos cabalos e fixo a vista gorda con algunha irregularidade no voto emigrante en favor do PP, e todo din que foi un favor de Felipe para darlle unha saída honorable a Fraga e garantir unha certa tranquilidade por un tempo cun PP mais relaxado..., (logo Aznar rachou o pacto de cabaleiros e foi a por todas)...
De calquer xeito, polo menos na Galiza, o PSOE tería que maquillar un pouco a xogada, ¿como?, botándolle a culpa ao BNG da imposibilidade de reeditar o pacto, ¿e iso como o fai?, pois poñendo unhas condicións tan duras que, ben o BNG lle dé un cheque en branco ao PSOE aceptando unhas migallas na reedición do bipartito, ou ben, si se mantén nunha posición minimamente esixente, botando enriba del a responsabilidade de que sexa imposible a investidura de Touriño...