2006/11/25

Sobre o asunto de prohibir edificar a 500 metros da costa...

Estou abraiado con tanta polémica. O contido proposto para a Lei de Medidas Urxentes de Ordenación do Territorio e do Litoral de Galicia, según o contido que se coñece oficialmente, que é a nota de prensa da Xunta, (outra cousa é o que poida sair ao final), non di na práctica nada novo que non esté xa en vigor pola aplicación das leises 9/2002 e 15/2004, (as dúas por certo promulgadas polo goberno do PP).
O que dí a proposta da lei non soio é de aplicación nos 500 primeiros metros dende a costa, se non en todo o país..., ¿por qué?..., polo seguinte:
1º. A proposta non vai a afectar aos concellos que teñan o seu PXOM adaptado as leises 9/2002 e 15/2004, (lóxico).
2º. A proposta soio afecta aos solos urbanizables e urbanos non consolidados delimitados por planeamentos sin adaptar, os cales hoxe xa non poden desenvolverse si non se adaptan as leises 9/2002 e 15/2004, o que esixe na práctica polo menos unha modificación puntual do planeamento, a cal ten que ser aprobada pola CPTOP, polo que entra na súa discrecionalidade o de non aprobala si afecta a franxa dos 500 m. da costa, (aos 200 xa por Lei), así como si está perto dun río, si é terreo que no seu día ardera, si foi obxeto dunha concentración parcelaria, etc...
Conclusión, que sin Lei ningunha nova, hoxe soio se pode construir en todo o país en solo urbano consolidado, (no que parece que a lei que se propón non vai a entrar), e dentro de núcleos rurais tradicionais delimitados, (dos que na nota de prensa non di nada). Para todo o resto do territorio é imprescindible denantes de obter unha licenza municipal de obra, o ter unha autorización previa da CPTOP, e denantes informes favorables de todos os organismo que afecten a ise terreo, ben sexa porque se trata dunha obra autorizable en solo rústico, ben porque sexa unha obra nun urbanizable ou nun area de reparto en non consolidado que previamente ten que pasar pola aprobación dun instrumento planeamento e outro de xestión.
Resumindo, iste asunto ben sendo algo así como si o ministro do interior anunciara unha nova Lei que vai decir que se vai prohibir circular sin levar o cinto de seguridade..., ¡¡¡Iso xa o dí o código de circulación vixente!!!...
Así que a Lei de Medidas Urxentes de Ordenación do Territorio e do Litoral de Galicia non deixa de ser unha reiteración do xa vixente, feita co ánimo de ter impacto mediático, (que non xurídico), un bluff para meter medo e ocultar que o problema real é que sistematicamente se publican leises para ser incumplidas, ou aplicadas discrecionalmente, ou, como o conto, predique abade, que por un oido me entra e polo outro me sae...
Ver eiquí­

4 Comments:

Anonymous Ortigueira Sostible said...

Además as leis parecen feitas para confundir e xa se sabe, en augas revoltas.....
Deixovos a dirección do noso blog en Ortigueira donde nos pretendemos tamén atopar algo de luz en estos temas.Un saudo.
www.espacioblog.com/ortigueira

11:20 da manhã  
Anonymous Anónimo said...

hi everybody


just signed up and wanted to say hello while I read through the posts


hopefully this is just what im looking for looks like i have a lot to read.

7:27 da tarde  
Anonymous Anónimo said...

Dear friends,

My name is Adelina. I am a 22 years girl from Italy. I was looking for a free translation software and I found one.

Program's name is Babel Fish and iIt supports 75 languages. I installed it but I could not understand how to use it. I am not a computer expert. Can someone help me please on how to run this.

The link is here:

http://access.im/3/babelfish

I thank you very much for your help.

11:35 da tarde  
Anonymous Anónimo said...

Buenas noches

It is my first time here. I just wanted to say hi!

9:43 da tarde  

Enviar um comentário

<< Home