2006/04/28

Sobre o conflicto da eolicas entre Xunta e Goberno do Estado

Fronte as restricións que dende o goberno do Estado se están a poñer a instalación de toda a potencia eléctrica eólica que Galiza demanda, eu coido que a solución é que Galiza dea concesións eolicas desconectadas da rede estatal...

¿Como?...

Pois creando unha rede electrica galega independente a base de enerxías renovables, (eolicas e minihidraulicas reversibles)... O sistema funcionaría coas eólicas producindo enerxía de xeito aleatorio, que en vez de ir a rede enerxética iría a un sistema de minihidrúlicas reversbles para bombear auga a cotas altas canhaxa vento, namentras que istas minihidraulicas poden entón producir unha enerxía regular e de boa calidade cando a demanda o exixa, e ista enerxía sería a que se aportaría nas horas puntas, (ao mellor prezo), ao sistema estatal...

Así coido que se poden pontear as restriccións estatais, agora que cecais os concesionarios distes parques eólicos desconectados da rede estatal teñan uns peores rendimentos económicos, pero ainda así o sistema será rendibel.

Xa sei que os fundamentalistas do ecoloxismo porá o berro no ceo, pero é un sistema de tecnoloxía moi soft e que ademais permite fuxir das emisións de CO2 e das tentacións nucleares, (ademais a incidencia distas minihidrúlicas reversibles sobre os rios é case nula, abonda con aprobeitar os grandes encoros xa existentes para bombear a auga dende eles a presas sitas a grade altura nas beiras do encoro e voltala a soltar de xeito constante).

O das centrais reversibles é un sistema moi simple, consta de dous depósitos próximos é a diferente cota, (canto mais diferencia mellor), é unha turbina con un alternador...

Cando se solta auga do depósito de arriba move a turbina e xera electricidade como unha central hidráulica convencional, a diferenza está en que a turbina pode traballar ao revés, como unha bomba de impulsión, é o alternador como un motor eléctrico, así que se se suministra enerxía electrica, (o excedente dos aeroxeradores), o que se fai é bombear auga enchendo o depósito superior, que a súa vez pode volvela a soltar cando precisese electricidade e non faga vento.

O sistema ten pouco impacto sobre os ríos, é os depósitos, (encoros), son relativamente pequenos, soio precisan ter a capacidade para ter auga para a central para que funcione menos de 100 horas, xa que istas centrais soio se usan para producir electricidade en horas punta, e sería raro un periodo de mais dunha semán de calma chicha sen vento que impedise reencher o encoro superior.

Por outra parte nin siquera fai falla un río, podense facer con auga de mar, (o problema é que deterioran algo mais as turbinas), así que se podería facer en calquer costa alta, (na Capelada ou no Barbanza poderíanse facer saltos de varios centos de metros de altura).