2006/04/27

¿Novas infraestructuras na Costa da Morte?


Asistín o martes a presentación polo Presidente Pérez Touriño das ¿novas? infraestructuras para a Costa da Morte...
En resume, a cousa consiste en mais menos o que xa estaba proposto, (agora cun presuposto mais alto, iso si, unha porque o PP presupostaba baixo para que así lle couperan mais obras nos mesmos cartos e logo con incumplilos xa estaba, outra, pola inflación, que algo subiu con isto do petróleo, e terceira, que hai que financiar a campaña das municipais e o PSOE sabe moito de filesas), engadindo soio 3,5 Km. na entrada de Cee que non figuraban no proxecto inicial que fixera o PP, e con diversos trocos de trazado que, en verbas da conselleira, van ocasionar unha nova avaliación de impacto ambental e unhas novas exposicións ao público, (traducindo, un retraso dun anos polo menos sobre os trámites xa superados e que fai que o goberno, pese a súa boa vontade, non vai poder investir ises cartos niste ano nin no que ven).
Namentras, seguiremos pagando cartos pola peaxe da "curvovía" Carballo - A Coruña, e creendo nos paxariños preñados...
¿Por qué hai certos políticos que creen que somos parvos?..., ¡non o entendo!...