2010/09/29

No día da folga xeral...

Xabier Xantos, da CIG, co megáfono na concentración comarcal da Costa da Morte en Cee.

Eu non estou moi dacordo coa folga por varios motivos…

Un, porque os mais perxudicados van ser os propios traballadores, sobre todo os mais comprometidos, que ademais de traballar o día mobilizándose e formando piquetes, van perder un día …de salario na empresa e corren o risco de levar algún pao das forzas da orde…

Dous, porque no fondo, a folga favorece ao goberno, (vai aforrar un día de salario de moitos traballadores públicos), a dereita mais reaccionaria, (é un empuxonciño mais cara a tomar o poder co traballo suxo xa feito pola suposta esquerda estatal)…

Tres, porque oculta a reivindicación nacional galega nunha suposta loita de clase do conxunto de todo o Estado, (homologa Galiza co Estado, cando habilmente, o sindicalismo vasco, o mais concienciado do seu problema nacional supo desmarcarse do café para todos)…

Por certo, significativo o cuadriño de Tasio no GARA:Entón, que facer?…

Pois para min, o importante é facerlle a vida dificil aos demasiado ricos e as empresas de fora que se levan os beneficios do noso traballo para Madrid, Londres o New York, (onde teñen as súas sedes e viven e gastan os seus executivos e os grandes capitalistas).

Fodelos a base de ben…

Como?…

Pois de moitos xeitos que non podo escribir por que ao mellor é delito dar ideas… Pero non sei por que teño asociación de ideas entre as verbas coche de gran luxo aparcado, peón paseando e chave na man cos dentes cara a fora.

;)

Outras asociacións de ideas, portalón de gran mansión, fechadura e silicona…

Centro de traballo de multinacional foranea, (IKEA, Carrefour, El Corte Inglés, Gas Natural-FENOSA)…, e non tratar especialmente ben as suas fachadas ou rótulos…

Banca privada non galega, (case toda salvo as "nosas" caixas ate que non rematen de privatizalas e expolialas, a Caixa Rural Galega, o Pastor e pouco mais, que o Banco Gallego vai levando os seus servizos centrais a Madrid según denuncian os sindicatos), pois ir con moita parsimonia a facer operacións pequenas e sin coste relentizando o mais posible o traballo…

En fin, procurar foder aos ricos e poderosos sin fodernos nos, sin que nos desconten o día, sin estragar o "noso" mobiliario urbán, sin perxudicar as empresas locais, incluso mais, favorecendoas ao perxudicar e boicotear a competencia foránea mais poderosa…