CAIXA NACIONAL DA GALIZA
Sumeime a esta iniciativa na que creo e na que traballo.
Fan falla uns 5.000.000 de euros e uns douscentos socios, (persoas físicas ou xurídicas).
NPenso que nas circunstancias actuais é viabel a creación polo nacionalismo dunha nova "Caixa" baixo a fórmula dunha Cooperativa de Crédito.
Unha nova entidade nacería libre das eivas e rémoras coas que os pufos do boom inmobiliario lastran as caixas existentes e provoca a súa inviavilidade futura.
O modelo que se procura xa existe, é o do Grupo Mondragón e a Caja Laboral - Euskadiko Kutxa, unha aposta pola economía productiva e non pola especulativa, pola creación do emprego e polo desenvolvemento da territorio de orixe, (no caso da Euskadiko Kutxa, Euskadi, no que se pretende crear, Galiza). Ao tempo tamén o proxecto aposta polo desenvolvemento dunha economía social pola vía do cooperativismo.
Construir a nación non soio se fai dende a política, tamén dende a cultura, o movemento sindical, como xa sabemos, pero tamén dende a economía e as finanzas. O mesmo Alexandre Bóveda foi un dos pais das Caixas provinciais de Pontevedra e de Ourense na Segunda República.
Etiquetas: CAIXA NACIONAL DA GALIZA
Ver eiquí
3 Comments:
Moi atinada a súa analise. Unha caixa do estilo da "Caja Laboral" dos bascos estaría moi ben, ainda que tardara moito Tempo en chegar as súas dimensións.
Adiante co proxecto!
Paréceme unha grande iniciativa que ogallá se leve a cabo... Penso que é moito máis efectivo (hoxe en día)o poder económico para construir país que o poder político... Moito ánimo!!!
Paréceme unha grande idea! e que de terse levado a cabo mudaría completamente o panorama nacional galego. Non hai nada mellor que mudar o sistema dende o poder económico...
Un saúdo! e contades co meu apoio!
Enviar um comentário
<< Home