2016/01/21

Pasados os feitos, todos adiviños!...

Ao mellor é que son "ateo" demais..., quero decir, descreído e pragmático demais, e tamén algo amoral..., pero..., vaiamos por partes,
1. Na análise e na actuación política, pese a descreimento de que me gabo, non son neutal, son nacionalista e militante, (ainda que algo suixeneris), do BNG...
2. A miña concepción, pode non ser compartida, é que a representación "nacionalista" de Galiza nas "Cortes do Reino", mais que a función de lexislar e partillar na gobernación do Estado, ten a de actuar de "embaixada" da nación galega diante do Estado..., polo tanto a sua actuación parlamentar debería estar supeditada exclusivamente aos intereses "nacionais" e non contaminada por outros criterios partidarios ou ideolóxicos...
3. Aclarado o anterior, teño claro que isa representación ten que ser absolutamente independente na sua actuación parlamentar de calquer forza estatal..., xa que eso inviabilizaría o exposto antes!...
4. Por outra parte hai que ser minimamente intelixente e realista de coma funciona o sistema electoral e coma optimizar a rendabilidade do investimento político e mesmo económico que supón o presentar unha candidatura...
5. Estaba clara a demanda social dunha candidatura "unitaria" de país cara as pasadas eleccións xerais, (e tamén da esquerda non nacionalista que ve as cousas non en clave de país), e agoirábase que unha candidatura así, suficientemente ambigua e catch all no ideolóxico e no nacional, podería ter un grande suceso, superando sen dubidas ao PSOE e disputandolle a primeira praza ao PP..., na práctica iso supuña unha previsión de 6 a 12 deputados e de 4 a 8 senadores coas sensación que había previas as eleccións...
6. Nisa situación o lóxico era, con independencia das formas, partillar unha coalición de "TODOS", cunha cota de representación de cada "sector", cun programa de mínimos, probablemente co compromiso de votar en primera instancia a investidura do lider de Podemos como presidente do goberno se había lugar, e logo cada parlamentario agruparíase onde tivera a ben e coa disciplina de voto non da coalición, se non do seu sector...
7. Resumindo, o "lóxico" era que artellarase unha coaligación por cotas entre "En Marea", (Podemos-Anova-EU), mais NÓS*, (BNG e engadidos), CxG, Cerna e calisquera outro que quiserase sumar...
Que os parlamentarios obtidos, tras cobrar para os partidos coaligados as subvencións electorais que corresponderan, na vez de tentar constituir un grupo parlamentar galego, (eu, coma nacionalista non estaría cómodo nun grupo parlamentar por moi galego de denominación que fora, no que houbera parlamentarios non nacionalistas cos que ter que negociar en función dos seus lexítimos intereses partidarios contradecindo a posición nacionalista exposta no punto 2), cada un iríase ao seu grupo matriz, e os parlamentares nacionalistas..., pois ao mixto!..., (coma nos últimos 20 anos estiveron os parlamentarios do BNG)... 
Que así habería 2 deputados galegos de Podemos no grupo de Pablo Iglesias, 1 con Garzón, os 2 de anova e o de Ourense onde quixeran, e os 2 que de pactar terían saído polo BNG, (según os estudos feitos a posteriori), pois como sempre, no grupo mixto!...
Non sería unha candidatura por "amor", sería so un matrimonio de comenencia..., business is business!..., (nisto non hai sitio para o romanticismo!)..., pero... MOI BENEFICIOSO PARA TODOS!...

Etiquetas: ,

2016/01/14

Autodeterminación?... pois se non pode exercerse colectivamente, sempre pode facerse de un en un!

Definireime, eu son arredista, (lembro que autodetermineime alá polo 74 ou 75, cando comecei a ter consciencia política namentras estudaba o vello bacherelato), e digo isto porque, e sobre todo a conta do "Procés Catalán", volta o dereito de autodeterminación a ser tema de debate.
Son conscente que a maioría da poboación da Galiza, e por suposto do conxunto da España, autodeterminouse xa coma española..., e por certo, por elo en xeral non considero aos meus veciños coma meus "compatriotas"..., unha cousa e ser veciño, (vivir perto), e outra ser compatriota, (compartir a patria)...
Polo tanto, penso que o dereito de autodeterminación exercémolo cada un nalgún momento e autodetermínamonos individualmente, así que a día de hoxe xa non creo moito na "autodeterminación colectiva", eu estou pola autodeterminación parcial ou grupal...
Aspirando a unha Galiza liberada, (lembremos a Uxío Novoneyra: Irei un día do Courel a Compostela por terras liberadas?...), conformaríame cun cacho, (unha parroquia ou varias parroquias liberadas), que quero decir?..., pois aveciñarme cos meus compatriotas e reducir a relación cos que non considero como tais...
Que iso leva a unha fractura social?... Pois si!..., pero é o que quero, quedarme na Reserva e loitar para que xuridicamente se recoñeza a Reserva e as maiores cotas de "autodeterminación" a mesma!... Por min, como si remata en microestado!..., (se fora catalán, preferíría aveciñarme en Andorra e non en Barcelona)...

Etiquetas: ,

2016/01/12

O Congreso dos Deputados dempois do 20D!


Etiquetas: ,

2016/01/10

Loitas soterradas, (ou mellor sumerxidas?), dentro da "Marea"

Eu o vexo así...
Hai desatada unha loita "a morte", política e de egos, pola candidatura a Presidencia da Xunta polo que nas eleccións xerais foi "En Marea", (a verdade é que ven moi factible o conquerir a presidencia por perder o PP a maioría absoluta e quedar eles como forza maioritaria da oposición a resultas do que se viu nas xerais)...
Fai uns días, Yolanda, que aspira a ser ela a candidata, fixo unha manobra por medio do alcalde do Ferrol, que coma militante de EU prestouse gostoso, para forzar o descarte dos alcaldes, (nomeadamente do que mais sona, Martiño), como candidatos aseverando que tiñan un compromiso coas suas alcaldías por catro anos e que impedíalles aspirar a ser candidatos a Xunta...
Logo, a previsión de que houbera que repetir as eleccións catalás, fixo que Pablo Iglesias, botando contas para ir acaparando poder para a sua marca, apostara por Colau sen sequera contar coa sua opinión, para candidata en Catalunya, (co que abría de novo a porta evidentemente a Martiño polo mesmo razoamento)...
Co desbarate da operación Colau, rapidamente sae Breogán
a posicionarse, acusa de sobrerrepresentación aos demais, (Anova e EU), e ameaza coa posibilidade de ir so como Podemos ou con outros pero sen Anova e EU para forzar a que o apoien a el...
Divertidas guerras da mais vella política nos que din ser paradigma da "nova política"...
Isto so é comparable as guerras sucesorias de Fraga entre "boinas" e "birretes" no PP..., con Beiras no papel de Fraga e Iglesias no de Aznar!...
Ista película xa a víramos en versión orixinal, agora fan un remake!...

AMPLIACIÓN do 11 de xaneiro!


Ondiá!...
Leín hoxe na Coz que sei que Beiras aspira a presidencia da Xunta!..., por outra parte tamén oín unha análise ben fundada nise senso e que por elo tamén fixera el declaracións descartando a Martiño polo seu compromiso coa alcaldía!...
Recoñezo que non contemplara tal posibilidade!...
80 anos e unha operación de corazón, ademais do seu baixo ritmo vital e de actividade nos últimos tempos pensaba eu que eran razóns dabondo para descar as suas aspiracións...
Mais..., querrá emular a seu antagonísta histórico, Fraga, que concurriu as suas derradeiras eleccións a Xunta con 82 anos e coa sua imaxe choqueiramente fotoshopeada na cartelería electoral?...
Así que temos catro a pelexar, o vello Beiras que quere recuncar e tres galos a se desplumar, (Martiño, Yolanda e Feijoo)..., mais os agochados que ainda podan saltar!...
Divertido, divertido!..., vou mercar pombiñas de millo e coller asento en primeira fila!...
O país?..., e iso a quen lle importa!..., ao BNG?..., e ises que pintan?...

Etiquetas: ,

2016/01/05

Besteiro está xa tardando en dar explicacións!...

Hoxe a "Voz" publica que o avogado de Gómez Besteiro no caso "Garañón", Cándido Conde-Pumpido Varela, pediu a traducción ao castelán dunha denuncia presentada contra Besteiro alegando que non entende o galego... 
Diante dista nova, Gómez Besteiro so ten duas alternativas...
Ou despedir inmediatamente ao seu avogado... 
Ou abandoar todos os seus cargos no PSdeG!... 
E iso por duas razóns!...
Unha, porque é intoletable semellante desleixo coa lingua propia dsa Galiza por quen aspira a ser Presidente da Xunta... 
E dúas, por que é inmoral nistes tempos de sospeita xeralizada sobre a clase política o recurrir a burdas tácticas dilatorias da acción da xustiza contra as sospeitas de corrupción...

Etiquetas: ,

2016/01/04

Análise postelectoral das Xerais 2015

Ademais da derrota sufrida polo meu país, Galiza, coa perda de representación de seu..., (non acredito en Podemos nin nos seus cipaios galegos coma representantres da miña nación!), o 20D gañou a dereita no conxunto da España, (sexamos politicamente correctos), gañou o centrodereita, (todo hai que decilo, en escanos, que non en votos), e a el correspóndelle tentar formar goberno!..., se non o consigue, será o seu fracaso e da sua exclusiva responsabilidade...
Os resultados electorais foron, traducidos a escanos:
Dereita, (PP+C's+DiL+PNV+CC), 11665129 votos, o 46%, 178 escanos...
Esquerda, (PSOE+Podemos+IU+ERC+Bildu), 12461131 votos, o 49,15%, 172 escanos...
Como vedes, maioría absoluta en escanos, (que é o que conta), entre as cinco forzas de dereita fronte as outras cinco de esquerdas!...
Outra cousa é que non sexan capaces de gobernar por estar a dereita española atacada de catalanofobia, (mais incluso C's que o propio PP), fronte a dereita catalana...
Din que o nacionalismo cúrase viaxando, o español, tamén, por exemplo indo a Londres a falar con Cameron!...

Etiquetas: , ,