Outro ano, 25 de xullo
Diante das divisións, ciumes e enfrontamentos entre persoeiros do nacionalismo e o galeguismo cara iste 25 de xullo, eu case estou por propoñer trocar a letra do noso himno:
Onde dí:
"Os bos e xenerosos
a nosa voz entenden
e con arroubo atenden
o noso rouco son"...
Deberá decir:
"Os dirixentes malos e egoistas
a nosa voz non entenden
e engolados ignoran
o noso suplicante son"...
Eu insisto en que o Día da Patria as 12, o lugar de todo nacionalista galego é ir da Alameda a Quintana...
Ise dereito non foi un galano, foi unha conquista a base de levar paos dos anos da "Transición", cando as "FOP" impedían o acceso da "chusma nacionalista" ao Casco Vello de Compostela para que non interferiran coas suas estreladas a presenza "Real" nos actos oficiais e relixiosos...
Mais ao final... CONQUISTAMOS A QUINTANA!...
Logo, para discursos, ofrendas, xantares e festas, cada quen pode ir a onde lle pete, uns a carballeira de San Lourenzo, outros en Bonaval, outros de Mazarelos a Belvís, algúns mesmo ao Toural e outros logo irán a Rianxo, a calquer praia ou mesmo para súa casa...
Etiquetas: Galiza Nación