2008/12/22

¿É posible un bipartito PP-BNG?


Poñamos que o día das eleccións atopámonos cun resultado no que o PP ten unha maioría absoluta e no que o BNG queda por diante en votos do PSOE, (como pasou nas eleccións do 97 e do 2001)...

Poñamos que uns días dempois, co reconto do voto CERA que xa hoxe se da por feito vai ser para o PSOE, (según leín antonte no Xornal de Galicia e que o PSOE aspiraba a gañar dous deputados co voto da emigración arrebatandoos tanto ao PP como ao BNG e que contaba ter arredor do 70% dos votos que viñeran da emigración, deixando soio un 25% para o PP e o 5% restante a repartir entre o BNG e o resto), e sabendo o que se sabe, (as declaracións no xulgado de Mª. Isabel Blanco, as andanzas americanas de Cortizo ou Mª. Xosé Porteiro con cargo ao presuposto, etc...), conquire os votos e os escaños necesarios para que o PP perda a moiría absoluta e que o BNG quede por baixo en votos e escanos...

Nisas circunstancias, teoricamente e xuridicamente sería posible a reedición do bipartito PSOE-BNG, pero a pregunta é: ¿Sería posible politicamente?...

Si eso acontecera, eu non descartaría un bipartito de xestión PP-BNG..., (na miña opinión, sería imposible a opción de repetir as eleccións como fixeron en Madrid dempois do Tamayazo en tanto en canto non se modifique substancialmente o sistema electoral da emigración)...