2006/03/27

Foi o Vento... galego.


O temporal que se rexistra esta fin de semana na Galiza tirou hoxe a bandeira española que ondeaba no paseo marítimo do Orzán na Coruña.
Todo un símbolo trala caida en desgracia de Paco, agora cae o seu derradeiro aldraxe.

Eiquí temos unha banda sonora dos Diplomáticos, "Como o vento"...

http://www.artabria.net/radio.blog/?autoplay=20

2006/03/26

Arredor da trégua permanente da ETA e dos prezos políticos...

Deixémonos de gaitas...

Na miña opinión, a negociación coa ETA levará ao seguinte:

O problema dos presos se poderá resolver pola vía do traspaso das competencias penitenciarias a Eskadi según o modelo catalán, loxicamente coa adscrición dos presos de ETA a istas prisións teremos a fin de la dispersión, (isto é completamente lóxico nun sistema político normalizado sin lexislación de excepción)...

A modificación do código penal de xeito que os etarras vexan as suas penas polo menos non incrementadas respecto de delitos comúns, coa lóxica aplicación retroactiva da lexislación mas favoravel... É dicer, coido que desaparecerá a figura penal de pertenencia ou colaboración con banda armada por lo que respecta a ETA, (pode manterse para outros supostos de terrorismo ou delincuencia internacional), así que as únicas penas que cumplirán os etarras serán por asasinato, homicidio ou estragos, pero nunca con mais pena que polo mesmo delito non terrorista...

Supoño que se reformará la Lei de Partidos ou se derogará, o caso é que estou seguro que HB se legalizará por sí ou mediante agrupacións electorais para as municipais do 2007, e nuns anos, posiblemente a propia ETA se poida legalizar como partido político, (coido que sería un erro táctico que o fixeran os propios etarras e mellor sería que disolveranse e participaran en política a traves de outras siglas, pero o marco xurídico permitirá que antes do 2015 ETA se poida rexistrar como partido político legal)...

En canto a outros asuntos, o vexo mais peliagudo..., a unidade territorial de Euskadi non vai ser nin de coña, a parte francesa non entra nin nas negociacións e todo quedará na retórica abertzale, (como moito pode que co tempo consigan o departamento vasco que levan tiempo reivindicando).

Polo que respecta a cuestión Navarra, pois a vexo difícil, legalamente é perfectamente posibel a súa incorporación a Euskadi, o problema é que iso tería que pasar un doble filtro en Navarra, un primeiro no seu parlamento foral e logo un refrendo popular, e iso está moi verde..., soio sería posibel si congresualmente tanto o PSOE como o PSN apostaran por isa integración, (cousa perfectamente posible pois xa houbo un tempo na transición no que o PSN tiña isa postura e é unha postura lexítima a adoptar no seo dun partido), soio así, cecais a medio prazo sería posibel a integración de Navarra en Euskadi... No fondo dependerá dun cálculo electoral moi propio do PSOE, si os estudos demoscópicos deranlle ao PSOE unha maior probabilidade de acadar o poder en Euskadi cunha Navarra integrada, (hai que ter en conta que o PNV ten moi pouca implantación en Navarra e o PSN bastante mais), pois entón cecais o PSOE apostase estratexicamente por isa integración, (sería curioso ver ao PSOE apostando pola integración de Navarra en Euskadi e ao PNV torpedeandoa)...

Noutros aspectos da negociación política, non teño dúbida que se intentará un novo estatuto para Euskadi a medio camiño entre o estatut catalán e o finado Plan Ibarretxe... Todo dependerá do consenso que logren PNV-PSE-HB..., (sexa o que sexa, en calquer caso creo que o PP vai quedar tan fora de xogo como quedou co estatut, e EA, Ezker batua e Aralar, se non desaparecen, terán que sumarse ao que decidan os outros)...

Por certo, que se prepare o PP para pasar moitos anos na oposición no Estado e en moitas “autonomías”, pois ou ten un mínimo de 173 deputados ou non ten nada que facer, sempre vai ter a todos os demais en contra, e será así polo menos en dúas lexislaturas, o PP no poderá gobernar como mínimo ate 2016, é unha impresión persoal, pero tempo ao tempo, e por supoto que para aquela xa non estará encabezado por Rajoy...