2005/07/19

Xa hai acordo de goberno BNG-PSOE

BNG e PSOE conclúen un principio de acordo “bon para o país” e que será apresentado “como un contrato coa sociedade” esta mesma semanaSantiago de Compostela, 19 Xullo 05. As comisións negociadoras do PSdeG-PSOE e do BNG concluíron esta tarde en Santiago un principio de acordo “bon para o país” e que, con toda solemnidade, será apresentado esta mesma semana “como un contrato coa sociedade”.En nome da delegación do Bloque Nacionalista Galego, Francisco Jorquera, o coordenador executivo da formación nacionalista, aludiu –no encontro cos xornalistas posterior á reunión cos socialistas- ao “esforzo mutuo de integración e de síntese de dous programas políticos diferentes” realizado polas comisións de ambas organizacións. “Creo sinceramente que ambas forzas políticas soubemos estar á altura da responsabilidade que puxo nas nosas maos o pobo galego. Soubemos pór o desexo de cambio e de respecto polo país que ten a grande maioría da sociedade galega por enriba de intereses de corto alcance”, afirmou Jorquera.O dirixente nacionalista salientou que o resultado destas “intensas dúas semanas de traballo” é “un acordo concebido como un contratado coa sociedade” e que se vai traducir nun Programa de Goberno concebido como un “contrato coa sociedade”.O Programa de Goberno e o acordo que o sustenta será apresentado á sociedade galega esta mesma semana nun acto solemne que terá como protagonistas aos líderes das dúas forzas políticas.